Data de emisión: 02 abril 2018

12 meses, 12 sellos. León (Agotado)

CONSULTAR TARIFAS

12 meses, 12 sellos. León (Agotado)

HISTORIA

12 MESES, 12 SELOS. LEÓN

Este mes será León a protagonista da serie filatélica, 12 meses, 12 selos, 12 provincias. Durante este tempo, este selo será o único tipo de franqueo para todos os envíos realizados dende as oficinas da provincia. León nevada, León de pedra, León na mesa. León son moitas cousas e algunhas delas recóllense dentro das letras LE, en clara alusión ás antigas letras das matrículas antigas dos vehículos en España.

Maragatos. Poboación emprendedora e viaxeira cunha vestidura típica que comercializa sobre todo produtos artesanais.

Médulas. As tamén coñecidas como “montañas do ouro romano” conforman unha fermosa paisaxe formada a raíz das explotacións auríferas daquela época. Foron declaradas Patrimonio Mundial pola UNESCO.

Catedral. A inmensidade da Pulchra leonina é un dos moitos atractivos da capital. De estilo gótico, ten claros aires afrancesados.

Real Colexiata Basílica de San Isidoro. O seu Panteón Real é unha peza única do mundo románico da época. Está datada entre os séculos XI e XII.

Pazo Episcopal de Astorga. Obra do arquitecto Gaudí, actualmente alberga a sede do Museo dos Camiños. Construíuse en granito gris, para diferenciala da Catedral.

León. Símbolo da cidade. De cor púrpura é o protagonista do brasón histórico. Apareceu por primeira vez nas moedas acuñadas por Alfonso VII.

Cocido Maragato. Receita típica da zona que ten a súa orixe nas necesidades dos traballadores do campo. Este prato típico de tres xiros (carne, verdura e sopa) quentaba e daba enerxía tras os duros labores.

Nicanores de Boñar. A base de follado, teñen a súa orixe na localidade de Boñar.

Picapeixe. De voo rapidísimo e pequeno tamaño, esta ave caracterízase por ter unha das plumaxes máis vistosas da nosa fauna.

Castiñeiro. Toda a zona de El Bierzo está repleta de exemplares milenarios que trouxeron no seu día os romanos para alimentar ós traballadores das Médulas.

A franxa inferior do selo, de cor granate, fai alusión á bandeira da provincia.