Data de emisión: 03 setembro 2018

12 meses, 12 sellos. Navarra

CONSULTAR TARIFAS

12 meses, 12 sellos. Navarra

HISTORIA

12 MESES, 12 SELOS. NAVARRA.

Coas siglas NA, en alusión ás antigas letras de matrícula, Correos emite un novo selo dentro da serie 12 meses, 12 selos, 12 provincias. Durante este mes. Este selo será utilizado como único tipo de franqueo para todos os envíos que se admitan nas oficinas desta provincia. Dentro das letras que protagonizan o selo, están representados algúns dos elementos máis significativos Navarra.

San Fermíns. De orixe medieval e de carácter relixioso, hoxe se celebra nun ambiente máis lúdico. As cores branca e vermella e o touro son os principais elementos destas festas coñecidas en todo o mundo.

Viño rosado. Dúas das denominacións de orixe máis famosas deste viño son Cigales e Navarra, ambas as dúas desta terra.

Planetario. No Parque de Yamaguchi, encóntrase este centro cultural de divulgación científica e tecnolóxica que permite ao visitante achegarse de cheo á astronomía e aos misterios do universo.

Quebraosos. Este voitre recibe este nome tan peculiar debido a que acostuma a remontar ósos e coirazas doutros animais, e golpéaos para poder dixerilos.

Bruxa. Esta silueta que vemos no selo fai alusión á época na que a Inquisición interveu en máis de 60 localidades navarras, como Sangüesa ou Lumbier, acusando algúns dos seus cidadáns de practicar a bruxaría.

Pazo Real de Olite. Corte dos reis navarros, foi un dos castelos medievais máis luxosos de Europa. Declarouse Monumento Nacional no ano 1925.

Faia. É unha árbore caducifolia da familia das fagáceas que pode alcanzar os 45 metros de altura e está moi presente en toda a Comunidade Foral de Navarra.

Bárdenas reais. Declarado Reserva da Biosfera pola UNESCO. A erosión dos seus solos de arxilas, xesos e arenito esculpiu caprichosas formas que asemellan ás da paisaxe lunar.

Espárragos. Estes embaixadores de Navarra son doadamente recoñecibles pola súa cor branca, a súa textura suave, con fibrosidade escasa ou nula e exquisito sabor.

Selva de Irati. É o segundo faial-abetal máis extenso e mellor conservado de Europa. É unha inmensa mancha verde dunhas 17.000 hectáreas que se mantén nun estado case virxe.

A cor vermella da base fai alusión a bandeira da provincia.