Data de emisión: 01 outubro 2018

12 meses, 12 sellos. Sevilla

CONSULTAR TARIFAS

12 meses, 12 sellos. Sevilla

HISTORIA

12 MESES. 12 SELOS. 12 PROVINCIAS. SEVILLA.

Sevilla é a protagonista dunha nova emisión de selos da serie 12 meses, 12 selos, 12 provincias. Durante este mes, este selo será o único método de franqueo en todas as oficinas da provincia. Ademais, é Sevilla a cidade elixida para a celebración da EXFILNA/ECC 2018, que, como no 2016 en Zaragoza, reunirá tanto os coleccionistas como comerciantes filatélicos máis importantes, xa que é un evento pensado para estar na rúa, para vivir esta cidade que está entre as máis belas do mundo. Un evento que encherá dende o 31 de outubro ata o 4 de novembro de selos, filatelia e actividades unha cidade tan carismática coma esta.

Non hai escusas para non visitar unha cidade que pode presumir dun ambiente e unha historia que percorre moitos dos seus recantos. Tanto é así que este 2018 ostenta o título de Mellor cidade do mundo para visitar, outorgado por unha prestixiosa guía de viaxes, polo que é a primeira cidade española en conseguilo.

No selo, está representado polas letras SE, que forma unha composición con algúns dos elementos máis característicos da provincia, como a oliveira ou o Guadalquivir, así como iconas tan recoñecibles da cidade como son o Xesús do Gran Poder que preside o selo, un dos protagonistas da Madrugá sevillana, obra de Juan de Mesa datada no 1620.

Un dos lugares máis espectaculares de Sevilla, cuxa arquitectura e decoración invitan a sentarse e contemplar esta marabilla: a praza de España.

Non podía faltar un símbolo sevillano: a Xiralda, Torre da Catedral de Santa María. Sobre a súa cúspide repousa o famoso Xiraldillo.

O fondo do selo está decorado coa terra de albeiro, da bisbarra de Los Alcores. A franxa inferior de cor verde fai alusión á bandeira da provincia.