Data de emisión: 02 xullo 2018

12 meses, 12 sellos. Valladolid

CONSULTAR TARIFAS

12 meses, 12 sellos. Valladolid

HISTORIA

12 MESES, 12 SELOS. VALLADOLID.

Este mes será Valladolid a protagonista da serie filatélica, 12 meses, 12 selos, 12 provincias. Durante este tempo, este selo será o único tipo de franqueo para todos os envíos realizados dende as oficinas da provincia. Pasear pola praza Maior ou coñecer os seus importantes museos, así como gozar da súa gastronomía, son algunhas das actividades que podes facer en Valladolid. Algúns dos seus elementos máis característicos podemos velos neste selo.

Casa da Beneficencia. Este hospicio de anciáns constituíuse en Valladolid o 18 de xullo de 1818 como asilo de caridade. Este ano celebra dous séculos.

Teatro Calderón. Foi considerado un dos mellores e máis importantes teatros de España. Cada ano, acolle a Semana Internacional do Cine de Valladolid (SEMINCI).

Barrica. Fai referencia á crianza de viño. A barrica osixena o viño lentamente e achégalle textura e aroma.

Canle de Castela. É unha das obras de enxeñaría hidráulica máis importantes realizadas en España. Percorre as provincias de Burgos, Palencia e Valladolid.

Traxe rexional. A peza da imaxe corresponde a un traxe cedido polo Museo Castiella, todo un exemplo do legado folclórico e cultural da provincia.

Sete doncelas de Simancas. Motivo alusivo ás sete doncelas, que cortaron as mans para evitar a súa entrega ao cuarto emir Omeia de Córdoba.

Simancas. Filipe II transformou o castelo en Arquivo Xeral do Reino, agora coñecido como Arquivo Xeral de Simancas, que alberga un dos conxuntos documentais máis importantes de Europa.

Tratado de Tordesillas. Acordo dos Reis Católicos co rei de Portugal, relacionado coa repartición de zonas de navegación.

Cerámica. Os asentamentos de oleiros mudéxares dende o século XII mantiveron a súa actividade ao longo da Idade Media.

Libros. Representan a localidade de Urueña, que se converteu na única Vila do Libro de España polas súas numerosas librerías e museos.

Esquío. É típico encontrar exemplares desta especie por toda a meseta.

Sarcófago do infante don Afonso. Terceiro fillo de Sancho IV e de María de Molina. É unha mostra impresionante da carpintaría mudéxar.

Lechuguino. Este nome tan simpático é o que recibe o pan máis representativo de Valladolid. Con forma de fogaza redonda e de miolo branco.

Trigo. Un dos alimentos máis cultivados na provincia que pinta de amarelo a súa xeografía.

A cor vermella da franxa inferior fai alusión a bandeira da provincia.