Data de emisión: 01 xuño 2018

12 meses, 12 sellos. Zamora

CONSULTAR TARIFAS

12 meses, 12 sellos. Zamora

HISTORIA

12 MESES, 12 SELOS. ZAMORA

A serie 12 meses, 12 selos, 12 provincias, continúa cunha nova emisión, nesta ocasión dedicada a Zamora. Durante este mes, este selo será utilizado como único tipo de franqueo para todos os envíos que se admitan nas oficinas da devandita provincia. Está representado polas letras ZA, en alusión ás antigas matrículas de vehículos de España. Zamora é un lugar máxico, cheo de historia e de historias que contar por cada un dos seus recantos. Zamora cheira a viño, a cultura, a incenso e a natureza. Zamora soa a auga, a aves e a tambores. O selo recolle algúns dos elementos máis relevantes da provincia.

Lobo ibérico. A natureza é un dos grandes atractivos de Zamora e o lobo ibérico un dos seus grandes protagonistas. É de tamaño mediano e a súa pelaxe pode ser gris, ocre ou avermellada.

Ponte de pedra. É unha das cinco pontes que atravesa o río Douro na capital. É un dos símbolos da cidade, e na Idade Media paso obrigado de persoas, gando e mercadorías, xa que formaba parte da Vía da Prata.

Queixo zamorano. Elabórase con leite crúa ou pasteurizada de ovella churra e castelá. Este queixo, do tipo de pasta prensada, posúe dende 1993 a Denominación de Orixe.

Semana Santa. Unha das máis coñecidas do noso país. O recollemento, a luz e os cantos do miserere percorren as rúas zamoranas cada ano durante eses días de penitencia.

Traxe Rexional. É un dos máis bonitos de Castela e León. O traxe que se reproduce na imaxe foi condecorado co primeiro premio do I Festival Folclórico Mundial de Baviera en Alemaña.

Catedral. De estilo románico con tres naves e tres ábsidas, este edificio santo consagrado ao Salvador, foi construído en 23 anos. Foi declarada Monumento Nacional en 1889.

Río Douro. A cidade de Zamora reflíctese neste río ao seu paso pola cidade. As garzas póusanse elegantes nas súas augas e convérteno nun símbolo indiscutible da cidade.

A cor vermella da base alude á bandeira da provincia.