Data de emisión: 05 outubro 2018

1300 Aniversario Reino de Asturias

CONSULTAR TARIFAS

1300 Aniversario Reino de Asturias

HISTORIA

EFEMÉRIDES. 1300 ANOS DE CONSTITUCIÓN DO REINO DE ASTURIAS.

O reino dos ástures foi a primeira entidade política cristiá da Península Ibérica.

Considérase que a historia do reino se inicia no ano 718, data probable da elección de don Paio como líder dos rebeldes. O final adoita establecerse no ano 925, cando Fruela II de Asturias sucede ao seu irmán Ordoño II e une os territorios asturianos ao reino de León.

Tanto a Crónica Rotense coma a de Al-Maqqari contan que Paio fuxiu de Toledo e se refuxiou nas montañas asturianas e que, dende alí, instigou unha revolta contra as autoridades musulmás de Xixón. Tras coñecer a chegada dos musulmáns, Paio e os seus homes refuxiáronse na cova de Covadonga logrando emboscar o exército sarraceno que, segundo as crónicas cristiás, foi aniquilado.

A vitoria, que realmente non foi moi multitudinaria, pois participaron apenas unhas decenas de soldados bérberes, outorgoulle un gran prestixio a Paio, o que provocou unha grande insurrección masiva dos ástures.

Celébranse, polo tanto, 1300 anos de constitución do Reino de Asturias e, por iso, Correos ten a ben conmemorar esta importante efeméride coa emisión dun novo selo.

O selo recolle un primeiro plano do monumento a don Paio, erixido en 1970, obra de Félix Alonso Arena, que podemos contemplar na localidade asturiana de Cangas de Onís. Tras el, recóllese unha imaxe da fachada principal da Basílica de Covadonga, ideada por Roberto Frassinelli e levantada entre 1877 e 1901 polo arquitecto Federico Aparici y Soriano, de estilo neorrománico, construída integramente en pedra calcaria rosa.

Completa o selo a Cruz da Vitoria, que se encontra na Cámara Santa da Catedral de Oviedo e que é un dos símbolos máis representativos do Principado de Asturias, protagonista tamén da bandeira e do escudo da rexión.