Data de emisión: 21 setembro 2018

150 Aniversario del fallecimiento de Leopoldo O Donnell

CONSULTAR TARIFAS

150 Aniversario del fallecimiento de Leopoldo O Donnell

HISTORIA

PERSONAXES. 150 ANIVERSARIO DO FALECEMENTO DE LEOPOLDO O'DONNELL

Correos quixo sumarse coa emisión dun selo ao 150 aniversario do falecemento de Leopoldo O'Donnell y Jorís (1809-1867).

Militar constitucionalista e político liberal de transcendencia histórica na España do século XIX. Como militar participou na 1ª Guerra Carlista, na que obtivo sucesivos ascensos ata tenente xeral; foi capitán xeral da Habana e director xeral de Infantaría, durante a Guerra de África (1859) estivo ao mando do Exército de Operacións que tomou Tetuán, onde obtivo o títulode duque de Tetuán con Grandeza de España.

Como político, foi senador, ministro da Guerra e presidente do Goberno en varias ocasións. Da súa etapa como presidente do Goberno, cómpre salientar o seu segundo período (1858-1863) que estivo caracterizado por un auxe económico, a expansión dos ferrocarrís, a construción de obras públicas e diversas melloras administrativas.

Os restos mortais de Leopoldo O'Donnell permaneceron na basílica de Atocha de Madrid ata 1870, ano no que foron trasladados á igrexa de Santa Bárbara do convento das Salesas Reales da mesma cidade. Dende entón, áchanse nun mausoleo de estilo neorrenacentista labrado en mármore de Carrara polo escultor Jerónimo Suñol.

O selo móstranos a imaxe de Leopoldo O’Donnell coa uniformidade de oficial xeral, (casaca azul turquí con solapa e colo encarnado e os entorchados), así como a Gran Cruz Laureada da Real e Militar Orde de San Fernando, coa banda de seda vermella con filetes alaranxados nos extremos e a Placa da Orde e a súa vieira.

No fondo, aparece un cadro de Mariano Fortuny, A Batalla de Tetuán, un óleo de grandes dimensións encargado pola Deputación de Barcelona e que o pintor deixou inconcluso. No cadro vese a D. Leopoldo O'Donnell, nese momento presidente do Goberno, dirixindo diversas unidades integrantes do Exército Español na Batalla de Tetuán.