Data de emisión: 26 setembro 2018

40 Aniversario Grupo Especial de Operaciones (G.E.O.)

CONSULTAR TARIFAS

40 Aniversario Grupo Especial de Operaciones (G.E.O.)

HISTORIA

EFEMÉRIDES. 40 ANIVERSARIO GRUPO ESPECIAL DE OPERACIÓNS

O Grupo Especial de Operacións é a unidade de elite do Corpo Nacional de Policía, que leva demostrando, durante 40 anos, a súa capacitación e posibilidades operativas.

O masacre acaecido durante a celebración en 1972 das olimpíadas en Múnic, nas que non había ningunha unidade especializada na resolución de incidentes, como o acontecido alí, deu pé á creación de numerosas unidades en Europa.

O primeiro curso de acceso a esta unidade foi convocado en 1977 seguindo o exemplo do grupo antiterrorista alemán GSG-9, co fin de loitar contra o terrorismo e os diversos grupos de delincuencia organizada da España dos anos 70.

Tres son os valores básicos que caracterizan a esta unidade recoñecida e eloxiada polas súas homónimas en todo o mundo. O primeiro baséase no potencial humano dos policías que a forman, que teñen como principal expoñente a especial preparación que reciben todos os seus integrantes para facer fronte e con éxito ás misións que lle son encomendadas.

O segundo vén configurado pola capacidade de resolución que ten o GEO para poñer fin a situacións especialmente críticas, nas que se teña que actuar utilizando, para iso, o potencial dos medios dos que dispón.

Pola súa banda, o terceiro ten como característica máis relevante a vitalidade da unidade para levar a cabo calquera misión.

Ao Grupo Especial de Operacións estanlle encomendadas as seguintes funcións:

- Liberación de persoas secuestradas ou tomadas como reféns.

- Detención de terroristas e outros delincuentes armados perigosos.

- Apertura e entrada nos lugares utilizados por terroristas e grupos de delincuencia organizada.

- Colaborar nos dispositivos de protección de altas personalidades en casos especiais co establecemento de dispositivos que cubran a visita ao noso país destas.

- Dar protección ás embaixadas de España no estranxeiro en caso de grave ameaza, coa constitución de células que reforcen a seguridade das delegacións diplomáticas españolas.

- Realizar servizos subacuáticos de carácter policial co despregamento dos seus mergulladores para participar en labores de busca e recuperación de cadáveres ou efectos utilizados na comisión dun feito delituoso.

- Levar a cabo calquera servizo que precise unha especial cualificación.

O seu recoñecemento levounos a ser todo un referente da súa especialidade, non só en España, senón mesmo alén das nosas fronteiras.

Os membros do GEO adoitan compartir xornadas de cooperación e prácticas con unidades que forman parte do grupo de traballo “Atlas”, o cal está integrado por 36 unidades antiterroristas de 30 países europeos.

Correos quixo sumarse á celebración desta efeméride emitindo un selo ao GEO cun deseño sinxelo, onde todo o protagonismo o ten un membro do GEO cos lentes de visión nocturna e o equipamento típico de acción. Todo iso enmarcado co emblema da Policía Nacional e as bandeiras de España e Unión Europea.