Data de emisión: 14 xuño 2018

50 Aniversario de la Academia Olímpica Española

CONSULTAR TARIFAS

50 Aniversario de la Academia Olímpica Española

HISTORIA

EFEMÉRIDES. REAL ACADEMIA OLÍMPICA ESPAÑOLA

O 25 de novembro de 1968, grazas ao impulso de Conrado Durántez, creouse a primeira Academia Olímpica Nacional en Madrid a imaxe da Academia Olímpica Internacional que fora fundada sete anos antes en Olimpia (Grecia). Na actualidade son 146 as que funcionan oficialmente en todo o mundo e que, xunto coa de Olimpia, tratan de difundir e defender os valores filosóficos do movemento olímpico, tal e como os concibiu o seu restaurador, o pedagogo francés, Pierre de Coubertin.

A Academia Olímpica Española, como pioneira no seu xénero, foi referente para a creación dun importante número de Academias Olímpicas Nacionais noutros países. Como froito deste liderado fundouse, en 1988, a Asociación Panibérica de Academias Olímpicas Nacionais (APAO), única recoñecida polo Comité Olímpico Internacional (COI), e que agrupa 26 academias de países de fala hispana e portuguesa de: Europa, América e África.

Así mesmo, mantivo dende as súas orixes, e sen interrupción, a organización de múltiples actividades de pedagoxía olímpica. Entre elas, destaca a celebración da sesión anual, á que regularmente acoden conferenciantes de primeiro nivel e, tras a cal, se seleccionan os representantes españois na seguinte sesión da Academia Olímpica Internacional.

No ano do seu cincuentenario, o presidente de Honra da Academia Olímpica Española, a SM o rei Filipe VI, tivo a ben concederlle o título de Real, o que referenda o compromiso histórico da monarquía española co olimpismo e a súa Academia e, ademais, convértea na primeira do mundo en ostentar un título destas características.

A Real Academia Olímpica Española impulsou tamén a creación de diversas institucións de estudo e divulgación do olimpismo, como os centros de estudos olímpicos (48 repartidos por toda a xeografía española asociados principalmente a universidades), o Comité Español Pierre de Coubertin e a Unión Española de Filatelia Olímpica (UEFO). Entre as actividades desta última, destaca a promoción de emisións postais, como o selo dedicado en 2016 a Pierre de Coubertin no marco da Unión Postal das Américas, España e Portugal (UPAEP).

Para seguir engadindo valor á Filatelia Olímpica, emítese este novo selo con motivo dun aniversario tan especial, as vodas de ouro desta grande institución.

O selo, ademais do logotipo do 50 aniversario, formado polo escudo da Real Academia, mostra unha ilustración sinxela, pero chea de cores, que resume perfectamente o esforzo e a constancia que representa o deporte olímpico.

Correos, sempre ao lado do deporte, emite este novo selo para enxalzar o movemento olímpico e todos os valores que o conforman e que compartimos.