Data de emisión: 03 xullo 2018

50 Aniversario Fuerzas Aeromóviles Ejército de Tierra

CONSULTAR TARIFAS

50 Aniversario Fuerzas Aeromóviles Ejército de Tierra

HISTORIA

50 aniversario das FAMET

O 23 de xuño de 2016 celebrouse o 50 aniversario da creación das Forzas Aeromóbiles do Exército de Terra (FAMET). Esta unidade militar ten a súa orixe na Compañía de Aviación Lixeira, creada en 1965, que foi a primeira unidade de helicópteros do Exército de Terra, herdeira do Servizo de Aerostación e da Aeronáutica Militar.

A efeméride coincide coa data da chegada dos primeiros helicópteros á Base de «Los Remedios», en Colmenar Viejo (Madrid), actual Base «Coronel Maté», o 23 de xuño de 1966.

Na historia das FAMET, tras unha fase de consolidación e creación de diferentes batallóns distribuídos polo territorio nacional, destaca a súa continua participación nas operacións no exterior, nas que despregou o Exército español, dende 1991 na rexión do Kurdistán iraquí, na operación «Provide Comfort» baixo bandeira da ONU; ata a actualidade de novo en Iraq, nas proximidades de Bagdad, cunha unidade de helicópteros, despregada en maio 2018, como parte da contribución española á Coalición internacional contra o Da'esh. Así mesmo, as FAMET participaron en numerosos despregamentos nos Balcáns, Líbano e Afganistán, entre outros.

Todas as unidades de helicópteros do Exército se integran no que se denomina «Aviación do Exército de Terra» e comparten esta conmemoración: as que compoñen as FAMET e as que pertencen a outros Mandos da Forza e do Apoio á Forza (Academia de Aviación do Exército de Terra, Parque e Centro de Mantemento de Helicópteros e Batallón de Helicópteros de Manobra VI, do Mando de Canarias). O seu persoal desenvolve actividades relacionadas co mando, a preparación, a seguridade e o emprego das unidades do Exército que dispoñen de medios aéreos.

Deste xeito, o Exército español equipárase á maior parte dos exércitos da nosa contorna, cos que comparte operacións, que teñen a súa propia «Aviación de Exército», é dicir, unidades de helicópteros que se integran nas forzas terrestres e realizan dende o aire as súas misións, como parte esencial das operacións terrestres.