Data de emisión: 31 outubro 2018

Archivo General de Indias

CONSULTAR TARIFAS

Archivo General de Indias

HISTORIA

ARQUIVO XERAL DE INDIAS. SEVILLA.

Dende que se descubrira o novo continente, os documentos referentes ás Indias estaban dispersos en Simancas, Cádiz e Sevilla. Por iso, en 1785, por desexo do rei Carlos III, se creou o Arquivo Xeral de Indias na capital hispalense.

Foi José Gálvez, secretario de Indias, quen impulsou este proxecto, executado polo historiador e académico Juan Bautista Muñoz, cosmógrafo maior de Indias.

A lonxa de Sevilla, o espectacular edificio construído sobre planos de Juan de Herrera, levantouse en época de Filipe II para os tratos de compravenda que facían os mercadores de Sevilla naquela época. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1987 e Ben de Interese Cultural con categoría de Monumento dende 1983.

Pouco a pouco foron chegando a este arquivo os documentos que xeraban as distintas institucións relacionadas con Indias: o Consello de Indias, a Casa de Contratación, os Consulados de Sevilla e Cádiz ou as Secretarías de Estado, que conseguiron debuxar a historia da Administración española no Novo Mundo.

Este novo Prego Premium dedicado a tan ilustre institución reflicte a cor e a grande afluencia de visitantes que desprende unha cidade como Sevilla e, tamén, as marabillas que custodia este histórico edificio. Como fondo, podemos ver a fachada principal do edifico. 14 selos coa imaxe de fondo da galería interior e, en primeiro plano, un fragmento do Tratado de Tordesillas, documento custodiado neste Arquivo.

Esta nova emisión de Correos, no seu conxunto, trasládanos dalgún xeito a unha cidade chea de arte, cultura e monumentalidade e pretende homenaxear o que a día de hoxe é o arquivo máis grande de España sobre a historia do noso país en América e Filipinas. Non hai que esquecer que neste lugar podemos encontrar documentos únicos coa sinatura de grandes personaxes históricos, como Cristovo Colón, Hernán Cortes ou Francisco Pizarro.

Un total de 43.000 cartapacios, 80 millóns de páxinas e 8.000 mapas e debuxos custódianse con receo no maxestoso Arquivo Xeral de Indias.