Data de emisión: 05 xullo 2018

Arquitectura Rural. Euromed. Possessió. Mallorca

CONSULTAR TARIFAS

Arquitectura Rural. Euromed. Possessió. Mallorca

HISTORIA

ARQUITECTUA RURAL. POSSESSIÓ RAIXA.

Seguindo coa serie que iniciou Correos hai uns anos, emítese un novo Prego Premium dedicado á Arquitectura Rural do noso país, e este ano concretamente á Possessió Raixa de Mallorca.

Rodeada de magníficos xardíns, aos pés da Tramontana, esta vila de orixe árabe conserva algún dos elementos do século XVI, como a bóveda da capela e o pórtico da “clastra”, patio típico mallorquino.

Durante os séculos XVIII e XIX, sufriu unha serie de reformas de estilo neoclásico, levadas a cabo polo cardeal Despuig.

O cardeal, transformouna nunha vila monumental e instalou nela un museo de escultura clásica que hoxe en día se pode gozar no castelo de Bellver.

Un dos elementos máis destacables da casa, é a loggia (galería exterior) da fachada sur.

Arredor do patio central, típico neste tipo de construcións, distribúense as dependencias principais da casa.

Sen lugar a dúbidas, son os xardíns o maior valor desta propiedade. Accédese a eles dende unha gran terraza con torre grande ameada. Os da parte alta están atravesados por unha escaleira monumental neoclásica. Os da parte baixa salientan por un impresionante xardín de laranxeiras.

Un grande estanque, unha pequena ermida, un templete ou un pavillón historicistas entre outros elementos, fan deste lugar un recanto moi especial para propios e visitantes da illa.

Raixa tamén viviu momentos de películas. Foi escenario de distintas rodaxes como Muerte bajo el sol ou Bearn.

Actualmente acolle o Centro de Interpretación e Visitantes de Raixa-Serra de Tramuntana xa que despois de pasar por diferentes mans e familias, no ano 2002, a propiedade da Raixa, que ten cualificación de Ben de Interese Cultural (BIC), foi comprada polo Consell Insular de Mallorca e o Ministerio de Medio, co obxectivo de destinala a usos públicos.

O Prego Premium recolle a imaxe da grande escalinata. O selo, reproduce unha imaxe do edificio principal, coa súa impoñente loxa e dá mostra da impresionante beleza desta construción tan especial.