Data de emisión: 23 xaneiro 2018

Centro Nacional de Inteligencia

CONSULTAR TARIFAS

Centro Nacional de Inteligencia

HISTORIA

CNI

Este selo recolle unha vista aérea do edificio principal do complexo que alberga o CNI en Madrid, coñecido como “A Estrela” e que ten forma de “Y”.

A imaxe está acompañada co símbolo desta institución, que inclúe o escudo de España, e un logotipo composto polas súas siglas que forman un trazo de cor azul rematado coas cores da bandeira española.

Este selo, que se emite con tarifa C, está protagonizado por unha institución fundamental para o Estado, creada en 2002 como sucesora do antigo Centro Superior de Información da Defensa, o CESID.

O Centro Nacional de Intelixencia xorde ante as novas necesidades que se proxectan no escenario nacional e internacional. España necesitaba un servizo de intelixencia moderno que fose eficaz de frear as novas ameazas, sobre todo en materia de terrorismo.

Segundo o artigo 1 da Lei 11/2002, o CNI é un organismo público responsable de facilitar, ao presidente do Goberno e o Goberno de España, toda a información que permita previr e evitar calquera perigo que poida afectar a integridade territorial do noso país.

Os axentes do Centro Nacional de Intelixencia son popularmente coñecidos como “espías”. Os servizos de intelixencia de todo o mundo sempre estiveron rodeados dun halo de misterio. En certo modo, máis que misterio, están envolvidos nun veo de secretismo e, neste ámbito, o segredo é quizais unha das armas máis potentes para combater as ameazas.

Sempre é difícil manter o equilibrio entre o segredo e o dereito á información, pero o que está claro, sen dúbida, é que estes homes e mulleres traballan de forma concienciuda para salvagardar a seguridade do país e, por iso, merecen o respecto e a admiración de todos os españois.

Xunto ás Forzas Armadas e os Corpos de Seguridade do Estado, o CNI vela pola nosa tranquilidade.