Data de emisión: 10 outubro 2018

Cine. Harry Potter

CONSULTAR TARIFAS

Cine. Harry Potter

HISTORIA

CINE. HARRY POTTER.

De novo unha das sagas con máis seguidores da historia do cine é protagonista dun selo que se emite na serie que Correos dedica ao Cine.

A nova folla bloque que se presenta nun formato tríptico, por primeira vez, ten como protagonista principal a Harry Potter.

A serie cinematográfica de Harry Potter comprende oito películas baseadas en Harry Potter, unha célebre serie de sete novelas xuvenís escritas pola británica J. K. Rowling e protagonizadas polo mago ficticio do mesmo nome. Trátase de películas de cine fantástico, todas baseadas nas novelas da saga e todas estreadas entre 2001 e 2011. ​ Realizouse unha película por cada libro da saga a excepción do último libro, cuxa adaptación cinematográfica ocupou dúas películas distintas. As longametraxes foron producidas polo estudio estadounidense Warner Bros.

A saga de Harry Potter describe as aventuras do novo mago Harry Potter nos anos que pasa no colexio Hogwarts de Maxia e Feitizaría que xunto aos seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley se terán que enfrontar a un mago que intenta dominar o mundo máxico, Lord Voldemort, quen asasinou os seus pais.

Na folla bloque aparecen todos os elementos principais de Harry Potter, como son os seus inseparables amigos, Ron e Hermione xunto ao castelo do colexio Hogwarts de Maxia e Feitizaría. Seguindo coa innovación, incorpora tamén cold foil tanto no feixe de luz da variña, así como nas letras Harry Potter como homenaxe á maxia que envolve toda a saga.