Data de emisión: 13 abril 2018

Cine. Star Wars. Han Solo

CONSULTAR TARIFAS

Cine. Star Wars. Han Solo

HISTORIA

''Pack Nave Falcón Milenario + selo Han Solo''

De novo unha das sagas con máis seguidores da historia do cine, e que maior impacto provocou na sociedade, é protagonista dun selo que se emite na serie que Correos dedica ao Cine.

A nova folla bloque ten como protagonista un dos personaxes máis importantes das súas películas e que tamén tivo o seu propio filme a xeito de precoa.

Trátase de Han Solo, un contrabandista que se converteu no líder da Alianza para Restaurar a República e, tamén, foi figura clave para derrotar o Imperio Galáctico.

A súa imaxe está ligada á da súa prezada nave, o Falcón Milenario, que aparece na folla bloque a xeito de bosquexo, con algunhas das súas partes sinaladas con anotacións. Aparentemente era un aparato vello e escangallado pero, no seu interior, ocultaba numerosas modificacións que o convertían nunha nave de gran velocidade cun motor hiperimpulsor que lle permitía superar os Destrutores Estelares Imperiais.

No selo aparece unha fotografía do actor Alden Ehrenreich, quen encarna a Han Solo na película que leva o seu nome, Han Solo: A Star Wars Story, que se estreará proximamente.

Anteriormente, foi Harrison Ford quen deu vida a este personaxe. Nas primeiras películas da saga, un mozo Ford representou este personaxe singular, que casou coa princesa Leia e que foi fundamental no desenvolvemento da historia galáctica.

É difícil recordar a Han Solo sen o seu compañeiro fiel, copiloto do Falcón Milenario, Chewbacca, un dos máis queridos polos seguidores de Star Wars.

George Lucas, creador da saga, inspirouse no seu grande amigo Francis Ford Coppola para deseñar este personaxe.

En 2015, a película Star Wars: Episodio VII: O espertar da Forza, presentábanos a un Han Solo maduro, 30 anos despois da Batalla de Endor.