Data de emisión: 08 novembro 2018

Conjuntos Urbanos Patrimonio Humanidad. Cuenca

CONSULTAR TARIFAS

Conjuntos Urbanos Patrimonio Humanidad. Cuenca

HISTORIA

CONXUNTOS URBANOS PATRIMONIO DA HUMANIDADE.

Este ano é a cidade de Cuenca a protagonista desta nova calcografía dentro da serie Conxuntos Urbanos Patrimonio da Humanidade.

Unha folla bloque con dous selos que representan senllos detalles da monumental cidade castelán manchega, continúan unha serie que o ano pasado foi premiada nos “Grandes Premios da Arte filatélica Belga e Europeo 2017”, na categoría de Selos Calcográficos, cunha folla bloque emitida dedicada á cidade de Granada.

Nesta ocasión, o motivo do selo é unha vista da cidade antiga de Cuenca, na que se pode ver a Ponte de San Pablo ou as mundialmente coñecidas Casas Colgadas, cuxa imaxe constitúe un dos selos da emisión.

O segundo deles recolle un detalle da catedral de Cuenca, coa torre do Ángel, o cimborrio que se construíu para dar luz ao interior a xeito de lanterna.

En 1996, a súa zona antiga foi declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade sobre todo por exhibir un intercambio de valores humanos dentro dunha área cultural do mundo no desenvolvemento da súa arquitectura, tecnoloxía, artes, urbanismo e deseño paisaxístico e por ser un exemplo destacado de conxunto arquitectónico que ilustra etapas significativas da historia da humanidade.

Esta cidade amurallada mestura a paisaxe natural coa arquitectura histórica. Este feito tamén foi relevante na decisión da UNESCO, polo que a declaración de Patrimonio da Humanidade afecta non soamente á Zona Antiga e ao barrio do Castelo, senón tamén, ás fouces dos ríos Xúquer e Huécar que o rodean, e aos barrios de San Antón e Tiradores.

Cuenca, asentada sobre un esporón onde se unen os dous ríos da cidade, rodeada dunha natureza espectacular e con construcións que desafían espectacularmente ás leis da gravidade, déixanos postais de gran beleza, como a que se pode observar nesta nova folla bloque, que se une así a unha serie que nos deixa belas estampas dos recunchos máis fermosos da nosa xeografía.

Carmen Álvarez Casanova