Data de emisión: 08 xuño 2018

Copa Mundial de la Fifa Rusia 2018

CONSULTAR TARIFAS

Copa Mundial de la Fifa Rusia 2018

HISTORIA

Prego Premium Copa Mundial da FIFA 2018

A Copa Mundial FIFA 2018 ou Mundial de fútbol celebra a súa XXI edición na Federación de Rusia.

A competición terá lugar entre o 14 de xuño e o 15 de xullo en doce estadios repartidos en once cidades de todo o país, dende Moscú ata Volgogrado, pasando por Ekaterimburgo, Kaliningrado, Kazán, Nizhni Nóvgorod, Rostov del Ron, San Petersburgo, Samara, Saransk e Sochi.

O torneo congrega 32 seleccións que, distribuídas en oito grupos, xogarán un total de 64 partidos repartidos en dúas roldas, unha con formato de liga e outra de eliminación directa. O partido inaugural enfrontará Rusia contra Arabia Saudí e xogarase no estadio Luzhniki de Moscú, estadio que acollerá tamén a final.

O Mundial conta cunha simpática mascota chamada Zabivaka, que significa “pequeno goleador”, un lobo futbolista que emana encanto, seguridade e sociabilidade, sendo o perfecto embaixador do espírito deportivo na competición. O seu deseño foi elixido por votación do público a través da Internet.

A edición precedente do Mundial xogouse no 2014 en Brasil, alzando a prezada copa a selección de Alemaña que venceu a Arxentina no partido da final. Con este trofeo, Alemaña suma catro copas do mundo, igualada con Italia; dúas copas do mundo teñen Arxentina e Uruguai e unha copa as seleccións de Inglaterra, Francia e España, sendo a selección de Brasil a raíña do torneo con cinco copas do mundo.

A Copa Mundial de Fútbol é unha das competicións con maior repercusión do mundo, tanto polo número de espectadores que congrega coma polo impacto económico que supón para os países anfitrións e a influencia que exerce actualmente na nosa cultura e sociedade.

Correos emiten un selo que se presenta en prego Premium onde se reproduce a imaxe do emblema oficial da Copa Mundial da FIFA 2018.