Data de emisión: 27 xuño 2018

Dia Internacional de las Personas con Sordoceguera

CONSULTAR TARIFAS

Dia Internacional de las Personas con Sordoceguera

HISTORIA

VALORES CÍVICOS. DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON XORDOCEGUEIRA.

Un ano máis, Correos emite un selo dedicado aos Valores Cívicos, unha serie de principios que todo cidadán debería cumprir, respectar e compartir.

Estes selos, ao longo dos anos, reúnen valores tan importantes como a solidariedade, a diversidade ou a creatividade.

Nesta ocasión, a emisión está dedicada ás persoas con xordocegueira, en concreto, á celebración do seu día internacional.

As persoas con xordocegueira, con dúas deficiencias sensoriais (visual e auditiva), sofren problemas de comunicación e unha serie de necesidades especiais, como persoal especificamente formado para a súa atención e métodos especiais de comunicación para facer fronte ás actividades da vida diaria.

O selo recolle a imaxe de Helen Keller, que, tras unha enfermidade infantil, sufriu secuelas como a xordeira, a cegueira e a incapacidade de falar. Estas limitacións fixeron que, dende moi pequena, inventara máis de sesenta sinais para poder comunicarse coa súa familia.

Os seus pais, consultaron co mesmísimo Alexander Graham Bell, quen aconsellou que contactasen coa profesora Anne Sullivan, quen dende o principio illou a nena en certa medida da súa familia, para evitar os agarimos, que non a favorecían. Anne ensinou a Helen a pensar intelixiblemente e a falar, usando o método Tadoma: tocando os labios doutros mentres falan, sentindo as vibracións, e deletreando os caracteres alfabéticos na palma da man do emisor. Con 24 anos, graduouse cum laude no Radcliffe College, onde Anne Sullivan traducira cada palabra na súa man, e chegou a ser a primeira persoa xorda en graduarse da universidade. Helen, coa súa gran forza de vontade, foi unha grande oradora e unha autora de fama internacional. A súa loita foi a loita dos discapacitados sensoriais e, por iso, fundou o Helen Keller International.

O selo recolle tamén a imaxe do bastón vermello e branco, identificativo das persoas con xordocegueira.