Data de emisión: 05 febreiro 2018

Disello 2017

CONSULTAR TARIFAS

Disello 2017

HISTORIA

DISELLO. 2017.

Por cuarto ano consecutivo, Correos celebrou o Concurso Nacional de Deseño de Selos, cuxa finalidade é difundir o valor do selo como medio de soporte de expresión artística, de contador de historias e transmisor de cultura, ademais da súa función, por suposto, como elemento de franqueo.

De novo este ano, o concurso, xa convertido nun referente no deseño filatélico, foi un éxito en participación e superou as cifras do ano pasado. En 2017, foron 1.600 os deseños orixinais presentados, dos cales 745 pertencen á categoría xeral e 855 á categoría xuvenil.

De entre todos eles, elixíronse 40 deseños finalistas de cada categoría, 20 deles mediante votación popular no web do concurso e os outros 20 seleccionados baixo o criterio profesional dun xurado composto por personalidades do mundo filatélico e do deseño.

Os gañadores do IV Concurso Nacional de Deseño de Selos 2017 son: na categoría xeral, Simona Peres e, na categoría xuvenil, Alba Guzmán Alcalde.

O selo gañador na categoría xeral mostra unha ilustración que representa unha personaxe feminina de carácter onírico, en tons morados, que escribe cunha pluma palabras cheas de amor.

Na categoría xuvenil, o deseño representa un mandril pintado con esas cores tan típicas da súa pelaxe.

As dúas gañadoras terán a satisfacción de poder ver o seu deseño en circulación, xa que Correos se encargará de producir e emitir no ano 2018 os selos cos deseños premiados.

Ademais, as obras das premiadas, xunto aos outros deseños finalistas, formarán parte dunha exposición itinerante que percorrerá ao longo de 2018 outras sedes de Correos de España.

Esta proposta que Correos leva celebrando dende hai catro anos é unha mostra máis da capacidade de innovar da Filatelia española para dar coñecer o seu labor e, sobre todo, transmitir os valores do selo.