Data de emisión: 30 xaneiro 2018

Efemérides. 50 Aniversario S.M. el Rey Felipe VI

CONSULTAR TARIFAS

Efemérides. 50 Aniversario S.M. el Rey Felipe VI

HISTORIA

ANIVERSARIO S. M. O REI.

O 30 de xaneiro de 1968 nacía na clínica Nosa Señora de Loreto en Madrid, o rei de España, Filipe VI.

Naquela época, o seu pai, o rei Xoan Carlos I, era o herdeiro ao trono de España. E o seu nacemento foi todo un acontecemento, xa que aínda que se trataba do terceiro fillo dos daquela príncipes Xoan Carlos e Sofía, era o primeiro fillo varón.

Don Filipe sempre tivo conciencia da importancia do seu papel no noso país. Recibiu unha completa formación académica, de idiomas e relacións internacionais. Cando aínda era un neno, pronunciou o seu primeiro discurso na cerimonia dos premios príncipe de Asturias, no ano 1981 e xa demostrou que era perfecto para o cargo.

Realizou os seus estudos militares na Academia Militar de Zaragoza e continuou a devandita formación na Escola Naval Militar de Marín e na Academia Xeral do Aire de San Xavier.

Como dixo o seu pai o día da súa abdicación en 2014, «dos príncipes de Asturias que houbo na historia de España, el é o mellor preparado, aínda que estea mal dicilo e presumir, pero presumo de fillo».

Nos seus 50 anos de vida, Filipe de Borbón e Grecia paseou polo mundo o seu saber estar, a súa capacidade para o diálogo e o seu deber e orgullo cara a España.

Dende que tomou posesión do seu reinado, tivo unha gran presenza internacional, visitando e recibindo grandes personalidades de todos os recantos do mundo.

Xunto á raíña Letizia, levan o nome de España por todo o mundo coidando así as relacións co resto da comunidade internacional.

Filipe VI cumpre 50 anos con moitos deberes cumpridos, aínda que tamén, con moito traballo por diante, sempre velando polo seu país.

O selo que se emite mostra o retrato oficial do rei sobre un fondo en foil prata.