Data de emisión: 23 abril 2018

Europa. Puentes. Puente de la Maza. San Vicente de la Barquera

CONSULTAR TARIFAS

Europa. Puentes. Puente de la Maza. San Vicente de la Barquera

HISTORIA

Un ano máis, as administracións e empresas postais europeas, membros de PostEurope, poñen en circulación a serie Europa, que se emite cun tema común. Este ano, as pontes serán as protagonistas desta emisión.

O selo que emite España está representado pola Ponte da Maza de San Vicente de la Barquera (Cantabria).

Esta ponte foi construída nos séculos XV e XVI. Está composta por 28 tramos con arcos de medio punto e tallamares redondeados. Na súa época, na que chegou a contar con 32 arcos, foi considerada como unha das obras de enxeñaría máis grandes e relevantes do reino. Cómpre salientar que anteriormente xa había outra plataforma no seu lugar, de madeira e edificada no século VI.

A súa construción supuxo un cambio radical nas comunicacións de toda a bisbarra, e cambiaron para sempre a morfoloxía urbana de San Vicente de la Barquera (Cantabria).

Tendo en conta os seus anos de historia, esta ponte tamén ten as súas propias lendas. Conta a tradición popular que se pides un desexo e cruzas a ponte aguantando a respiración, este se cumprirá, por iso se coñece tamén como a Ponte dos Desexos.

Esta ponte facilita as comunicacións da monumental vila de San Vicente de la Barquera, un dos municipios máis fermosos da costa cantábrica. As súas rías e as súas praias, todo enmarcado no Parque Natural de Oyambre, convértena nun destino moi apreciado na época estival.

Pero tamén as súas igrexas e monumentos, as súas festas e costumes, así como a súa espectacular gastronomía, danlle un valor incalculable.

O selo e o prego Premium, que emite Correos para a serie Europa, recolle unha imaxe panorámica da ponte, coa paisaxe verde tan típica das terras cántabras pintada . A silueta da ponte aparece troquelada e a súa imaxe pode verse reflectida no reflexo da ría.

O selo, ademais do nome desta obra arquitectónica, inclúe o logotipo da serie Europa e a xa recoñecida letra ‘ñ’, que representa a marca España.