Data de emisión: 07 novembro 2018

Flora. Árbol histórico El Abuelo.

CONSULTAR TARIFAS

Flora. Árbol histórico El Abuelo.

HISTORIA

FLORA. ÁRBORE HISTÓRICA "O AVÓ". LUGO.

Con máis de 60 metros de altura e 7,5 metros de perímetro na súa base, O Avó está considerado como unha das árbores máis grandes de España.

No Souto da Retorda, no bosque de Chavín, este eucalipto da variedade globulus, está considerado como o avó de todas as árbores, como así reza a súa placa.

Este avó de máis de 130 anos, recibe multitude de visitantes e non son poucos os que non poden sucumbir ao desexo de rodealo e comprobar así, que se necesitan moitos corpos para facelo.

Correos presenta un mini prego que mostra unha imaxe deste exemplar, admirado por maiores e pequenos collidos da man, e que recolle nas súas pólas seis selos autoadhesivos con forma de follas de eucalipto e que desprenden este aroma tan intenso e suxestivo.

A imaxe do O Avó está acompañada por un texto alusivo a esta árbore centenaria.

Este belo monumento natural está incluído dentro do Catálogo galego de árbores singulares. En 2010 foi premiado como Árbore do ano nos premios Árbore e Bosque do Ano organizados pola organización Bosques sin Fronteras e a Fundación Biodiversidad.

Tamén, está incluído na lista das árbores máis grandes do continente europeo.

Polo tanto, este eucalipto tan especial, malia que outros ao seu arredor lle gañaron en altura, representa a natureza máis pura, a orixe destes bosques que serven de pulmón ao noso país dende hai centos de anos.

Hai moitos “avós” nos nosos montes e bosques, e este avó lucense, lémbranos a importancia que ten a conservación da nosa flora e da nosa fauna, que enriquecen a España ademais de contribuír a mellorar a nosa calidade de vida.

O Avó é testemuña do paso dos anos, dunha vida, e ogallá o sexa por moitos anos máis.

Carmen Álvarez Casanova