Data de emisión: 11 outubro 2018

Igualdad de género en las Fuerzas Armadas

CONSULTAR TARIFAS

Igualdad de género en las Fuerzas Armadas

HISTORIA

IGUALDADE DE XÉNERO NAS FFAA. 30 anos de incorporación da muller nas Forzas Armadas

Correos quixo sumarse á celebración dos trinta anos da incorporación da muller nas Forzas Armadas emitindo un selo no que se recolle a imaxe de tres mulleres, que representan, cada unha delas, a un exército en situacións de labores militares, todo baixo a bandeira de España. O selo preséntase en prego Premium, onde ademais destes elementos aparecen os emblemas dos tres exércitos e un fondo de indumentaria militar.

Un Real decreto lei do 23 de febreiro de 1988 permitía, por primeira vez, o acceso da muller ás Forzas Armadas do país. Isto posibilitou que 26 mulleres atravesasen por primeira vez as portas das academias militares do país en calidade de alumnas: 17 enfermeiras, cinco médicas, unha farmacéutica, unha enxeñeira, unha enxeñeira técnica e unha interventora.

Elas foron as grandes pioneiras e abriron o camiño cara á paulatina normalización da muller no Exército. Un camiño lento pero inexorable.

En febreiro de 1989, o Consello de Ministros decidiu abrirlles tamén o acceso ás academias xerais e a todos os corpos e escalas. Un pouco máis tarde se puideron incorporar tamén ás Forzas Armadas como soldados voluntarios.

A nova definición do modelo de soldado profesional de 1992 fixo que se producise a primeira convocatoria de tropa e mariñeiría á que podían acceder de forma igualitaria homes e mulleres, aínda que quedaban excluídas dos postos 'de primeira liña' vetando así, por exemplo, o seu acceso á Lexión, á Brigada Paracaidista e a outras unidades especiais.

Non sería ata 1999 cando Defensa decidiu apostar de forma definitiva polo modelo de Exército profesional, regulando o principio de igualdade real entre homes e mulleres.

Actualmente as mulleres están plenamente integradas nas Forzas Armadas, onde representan o 12,7% dos militares. Elas poden acceder en igualdade de condicións a todos os corpos e escalas militares, incluídos os denominados postos de combate.

Non obstante, o emprego máis alto ao que chegou unha militar ata a data é o de coronela, alcanzado por Patricia Ortega en 2016. Ningunha muller conseguiu ser xenerala nas Forzas Armadas, aínda que ese obxectivo está, cada vez, algo máis preto.