Data de emisión: 24 setembro 2018

INGENIERÍA. Línea de Alta Velocidad Española La Meca-Medina

CONSULTAR TARIFAS

INGENIERÍA. Línea de Alta Velocidad Española La Meca-Medina

HISTORIA

ENXEÑERÍA. LIÑA DE ALTA VELOCIDADE ESPAÑOLA LA MECA-MEDINA.

Este macroproxecto levado a cabo por un consorcio cun 88% de participación española, con empresas como ADIF, Renfe Operadora, INECO, Talgo, Cobra, Consultrans, Copasa, Dimetronic, Inabensa (Abengoa), Imathia, Indra e OHL, consiste na creación dunha liña de alta velocidade que une as cidades santas de La Meca e Medina.

Non foi un traballo doado: este trazado está repleto de dificultades debido, sobre, todo ás altas temperaturas da zona e, tamén, aos efectos da area do deserto, protagonista en gran parte do percorrido.

Os 445 quilómetros que separan estas dúas cidades “faranse máis curtos” grazas aos trens de Talgo, que alcanzarán velocidades máximas de aproximadamente 320 quilómetros por hora.

Este percorrido inclúe cinco estacións que están deseñadas por Norman Foster. Estas cinco estacións son: La Meca, Jeddah, aeroporto de Jeddah, Cidade Económica do rei Abdullah e Medina.

O Prego Premium que celebra esta obra faraónica recolle a imaxe dunhas vías de tren atravesando a area do deserto. Doce selos mostran unha ilustración na que aparecen tres dos elementos máis significativos deste proxecto: o tren moi similar ao AVE que temos en España; a Kaaba, que debe o seu nome á súa forma e coas súas esquinas orientadas cara aos puntos cardinais; e, por último, a cúpula dun verde intenso da Mesquita do Profeta, lugar onde se encontra a sepultura de Mahoma. Salienta un cuarto elemento que fai deste selo algo moi especial, a area, a que leva incrustada o selo.

O chamado “AVE do deserto” ou tamén, o “AVE dos peregrinos”, realizou a súa viaxe inaugural o 31 de decembro de 2017. A demostración arrancou ás 11.55 horas dende a estación de Medina e finalizou ás 14.43 horas, alcanzando nalgúns tramos os 300 quilómetros por hora. O obxectivo é realizar esta viaxe en pouco máis de dúas horas.

O AVE á Meca, malia estar a moitos quilómetros de distancia de España, fainos sentir orgullosos pola parte que nos toca.