Data de emisión: 19 abril 2018

IV Centenario de la Plaza Mayor de Madrid

CONSULTAR TARIFAS

IV Centenario de la Plaza Mayor de Madrid

HISTORIA

Ver tamén “Proba de artista IV Centenario Praza Maior”

''Carpeta Produto especial Feira Praza Maior''

A primeira pedra da praza Maior púxose o 2 de decembro de 1617 en extra muros, para acoller un mercado de abastos para a cidade de Madrid con motivo da chegada de Filipe III. Para Correos, a praza Maior de Madrid é un lugar moito máis especial se cadra. Dende 1927 aproximadamente, celébrase nela o mercado de filatelia coñecido como Mercado de Moedas e Selos, que cada domingo reúne coleccionistas da filatelia e a numismática.

Os selos e a praza Maior están unidos dende entón. Arredor da praza e nos propios soportais, ademais de bares e restaurantes, proliferaron os comercios de selos e moedas, e moitos deles permanecen hoxe en día.

Unha das mostras máis significativas desta relación é a celebración da Feira Nacional do Selo, que este ano celebrará tamén a súa 50 edición do 19 ao 22 de abril de 2018.

A praza Maior é un dos lugares máis emblemáticos de Madrid, visita obrigada dos turistas que chegan á cidade e escenario de moitos espectáculos e eventos importantes.

Tamén está dentro do imaxinario dos madrileños como ese lugar máxico que, cada ano, cando se achega o Nadal, se enche de luces e postos de adornos do Nadal.

Xa o dicía Alejandro Dumas, a praza Maior era o teatro coa bóveda máis bonita do mundo, o ceo de Madrid.

Con motivo do seu cuarto centenario, e por todas estas razóns e moitas máis, Correos emite unha folla bloque que recolle unha imaxe da fachada da praza, tamén a que alberga a Casa da Panadaría, e con reproducións de selos en cada unha das súas ventás.

O selo conmemorativo é unha calcografía que mostra a imaxe da estatua de Filipe III, que se encontra no centro da praza e que data de principios do século XVII, pero que leva custodiando a praza Maior de Madrid dende 1848, cando a raíña Isabel II ordenou o seu traslado dende a Casa de Campo.

O selo aparece xusto enriba do pedestal reproducido tamén na folla bloque.