Data de emisión: 10 setembro 2018

La Generación de los 80

CONSULTAR TARIFAS

La Generación de los 80

HISTORIA

A XERACIÓN DOS 80

Esta folla bloque continúa a serie Xeracións, coa que Correos pretende homenaxear os fitos máis significativos acontecidos nas últimas décadas no noso país e tanto os fitos, coma o deseño da folla bloque, por primeira vez, foron elixidos polos subscritores a Filatelia.

Os oitenta inician en España unha nova época onde a recente estreada democracia enche de ilusión e esperanza os españois, que viven unha explosión de liberdades e novos retos. Un dos selos que se recollen nesta folla bloque pretende recordar o que supuxo a chegada da democracia neste país.

Coa democracia chegou á presidencia española Adolfo Suárez, primeiro presidente electo dende o ano 1936. Outro carismático presidente chegaba ao poder, neste caso en Estados Unidos, tratábase dun actor de Hollywood, co que empezou así a chamada “era Reagan”.

No ano 1981 un feito marcou a historia política española. O 23 de febreiro dese ano houbo un intento de golpe de Estado, que, aínda que quedou neutralizado, se gravou na memoria dos españois e, mesmo, no propio Congreso dos Deputados, onde aínda hoxe se poden ver as pegadas que deixaron os disparos.

Tamén se introduciu a tecnoloxía nas nosas casas. Dende modernos electrodomésticos e televisores en cor aos primeiros ordenadores persoais. Todo isto queda representado nun selo que fala desa tecnoloxía da vida cotiá.

Por outro lado, como esquecer o gran defensor dos animais Félix Rodríguez de la Fuente, que nos deixaba en 1980. O seu rostro cunha cría de lince protagonizan outro dos selos da folla bloque.

O último dos selos rememora a entrada de España na Comunidade Económica Europea, un grande avance para a nosa sociedade.

Uns versos da canción de Sabina, Zumo de Neón, que ben soaba naquela época, completan esta nova folla bloque que, como en anos anteriores, nos fan viaxar a unha época que nos enche de nostalxia e bos recordos.