Data de emisión: 10 setembro 2018

La Generación de los 90

CONSULTAR TARIFAS

La Generación de los 90

HISTORIA

AS XERACIÓNS DOS 90.

Os noventa dan un paso máis alá e esta folla bloque pretende ser unha pincelada daqueles acontecementos que marcaron a historia da humanidade.

Tras a caída do muro de Berlín na década anterior, en 1990 iníciase a reunificación económica, monetaria e social de Alemaña. Un selo moi representativo deste feito forma parte da folla bloque dedicada a esta época.

Outro dos selos conmemora a separación da URSS: a disolución do Estado socialista máis grande do mundo tamén marcou o fin da Guerra Fría.

O mundo viviu momentos convulsos e numerosos cambios en materia política e social como demostran estes selos. Outros feitos destacables foron a volta da democracia en Chile e Perú, a chegada de Bill Clinton á Casa Branca ou a de Tony Blair ao 10 de Downing Street.

En Suráfrica, por fin se puxo punto e final ao apartheid tras moitos anos de segregación racial.

España, xunto cos outros países europeos implicados, alcanzou o acordo para a creación dunha moeda única europea. Un selo coa imaxe dun billete de 100 euros recorda este feito.

Dous grandes acontecementos puxeron a España no punto de mira do mundo no ámbito cultural e deportivo. Os Xogos Olímpicos de Barcelona e a Exposición Universal de Sevilla, que cambiarían a visión internacional do noso país para sempre. Un selo cos logotipos de ambos os dous eventos conforman un dos selos desta emisión.

A folla bloque está acuñada coa cifra 90 e cores moi representativas desta época.

A frase da película Toy Story, a primeira longametraxe de Pixar, ademais de ser a primeira fita animada completamente con efectos dixitais na historia do cine, “Ata o infinito e máis alá”, completa esta nostálxica folla bloque.

Tanto os fitos que ilustran a folla bloque coma o deseño desta foron elixidos polos subscritores filatélicos.