Data de emisión: 17 xaneiro 2018

León. Capital Española de Gastronomía

CONSULTAR TARIFAS

León. Capital Española de Gastronomía

HISTORIA

CAPITAL ESPAÑOLA DA GASTRONOMÍA 2018. LEÓN.

Tras Logroño, Burgos, Vitoria, Cáceres, Toledo e Huelva, tócalle a quenda a León para levar durante todo o 2018 o título de Capital Española da Gastronomía.

O xurado, integrado por profesionais de turismo, hostalaría e comunicación, e representantes do Ministerio de Agricultura e de Turespaña, decantouse pola cidade leonesa, cuxa candidatura se apoia no lema Manxar de Reis.

O selo que se emite presenta unha ilustración do famoso rosetón da fachada occidental da catedral de León, e algúns dos produtos máis significativos da gastronomía leonesa forman un mosaico de cores e sabores a xeito de vidreira.

Por un lado, o queixo de Valdeón, un queixo de sabor forte que se elabora tanto con leite de cabra como de vaca, ou cunha mestura de ambas as dúas, e se deixa madurar en covas por un período longo.

A cecina de León está catalogada dende 1994 como Indicación Xeográfica Protexida. Esta chacina de carne de vacún é coñecida internacionalmente e levou o nome de León polo mundo.

Dende mediados do século XVII, empézase a cultivar en Ponferrada un tipo de pemento que se secaba ao sol para despois ser asado, que posúe a Indicación Xeográfica Protexida “Pemento Asado do Bierzo”.

As fabas da Bañeza comparten cos pementos tan notable distinción. Existen distintas variedades deste produto, como son a Canela, a Plancheta, a Riñón e a Pinta.

En León existe unha pequena industria chocolateira, pero moi grande en sabores. Chocolates que se poden degustar en múltiples receitas, das cales a máis apetecible nas estacións invernais é unha cunca de chocolate quente onde mollar unhas manteigadas de Astorga. As manteigadas son uns biscoitos de manteiga esponxosos elaborados a partir duns humildes ingredientes, cos que se consegue un produto de primeira cheo de sabor.

No selo aparece o logotipo creado para a ocasión, co lema Manxar de Reis.