Data de emisión: 08 outubro 2018

Navidad 2018

CONSULTAR TARIFAS

Navidad 2018

HISTORIA

NADAL. CABALGATA DOS REIS MAGOS DO ATENEO DE SEVILLA. PAQUETE DE REGALO.

A emisión de Nadal, clásica ou relixiosa, está dedicada este ano aos Reis Magos, en concreto á Cabalgata dos Reis Magos do Ateneo de Sevilla, que este 2018 cumpriu 100 anos.

Un século transcorreu dende que a Cabalgata percorreu por primeira vez as rúas de Sevilla aquel cinco de xaneiro de 1918. Foi idea dun grupo de ateneístas, que quixeron levar polas rúas de Sevilla a ilusión a nenos e maiores. Co paso dos anos, a Cabalgata foi adquirindo un esplendor e unha proxección social impensable naqueles momentos.

O selo recolle unha ilustración dos Reis Magos, cedida polo Ateneo de Sevilla, xunto con algúns elementos desta cidade tan recoñecibles, como a Torre do Ouro.

O segundo selo que emite Correos con motivo do Nadal representa un paquete de regalo característico do Nadal, que tamén se poderá colocar na Tarxeta Coleccionable de Nadal, con forma de árbore do Nadal, que se iniciou no 2016 e que finaliza con este selo.

O selo leva un cuño interno que permite separar a silueta das figuras do adorno para que se poida decorar a árbore de Nadal da tarxeta, ou ben se poderá manter co formato normal.

Xa en antigas celebracións pagás, en datas próximas ás que se celebra actualmente o Nadal, incluíase a miúdo o intercambio de regaloscomo desexo de boa fortuna para a próxima colleita.

Independentemente da súa orixe, o certo é que a partir do século X, a maioría das sociedades occidentais xa celebrabao Nadal con regalos.

Na actualidade, o costume de intercambiar regalos é de alcance universal erepresenta un momento de unión cos nosos seres queridos.

Correos anima a celebrar o Nadal e gozar das súas tradicións, como a Cabalgata dos Reis Magos ou o intercambio de regalos.