Data de emisión: 13 marzo 2018

Pueblos con encanto

CONSULTAR TARIFAS

Pueblos con encanto

HISTORIA

VILAS CON ENCANTO

Por terceiro ano consecutivo, Correos emite esta serie dedicada a esas vilas con encanto que forman parte da xeografía do noso país e que viaxarán polo mundo adheridos a envíos que se emitan dende España. Este despregable en forma de acordeón, que simula as tiras das tarxetas postais antigas, con formato de fol, presenta tamén o reverso do selo imprimido a xeito das traseiras daquelas tarxetas. Este despregable está composto por catro selos autoadhesivos máis unha viñeta.

As vilas elixidas nesta ocasión son: Villanueva de la Jara en Cuenca, Chinchón en Madrid, Fornalutx en Illes Balears e El Castell de Guadalest en Alacant.

Villanueva de la Jara, na provincia de Cuenca, é un municipio que se remonta á época dos Reis Católicos, tras serlle concedido o Privilexio de Villazgo, por posicionarse os seus veciños a favor de Isabel a Católica. Entre os seus múltiples encantos, encóntrase a praza Maior, eixe central da vila; tamén as igrexas da Asunción e do Carme ou o Convento das Carmelitas fano digno de ser un das vilas máis bonitas de España. Pasear polas súas rúas é ser testemuña da súa historia.

Chinchón é unha poboación madrileña, famosa no mundo enteiro, entre outras cousas, pola famosa bebida que adopta o seu nome. Pero non só isto, visitar Chinchón é trasladarse á Idade Media contemplando a súa praza Maior ou a Torre do Reloxo. O castelo dos Condes foi mandado construír por orde de Diego Fernández de Cabrera y Mendoza e, durante o século XX, despois de moitos anos de abandono, albergou unha fábrica de licores.

Fornalutx é unha localidade que forma parte do arquipélago balear, concretamente da illa de Mallorca, en plena serra de Tramontana. Coñécese como “a vila máis bonita de España” e non é de estrañar, pois os seus predios e edificios de pedra, con tellados vermellos, rodeados de laranxeiras e limoeiros, embargan as súas rúas dun aroma e unha contorna inigualable.

O Castell de Guadalest, en Alacant, situado no alto dunha pena a 595 m de altitude, marabilla polas súas casas encaixadas na rocha. En 1974 foi declarado conxunto histórico artístico pola súa composición, o seu castelo colgado no alto da pena, a antiga muralla medieval ou o barrio do Arrabalde. Son moitos os turistas da próxima Costa Branca, que reservan algún día das súas vacacións para coñecer este recanto do interior alicantino que nunca defrauda.