Data de emisión: 23 marzo 2018

Selección Española de Balonmano

CONSULTAR TARIFAS

Selección Española de Balonmano

HISTORIA

CAMPIÓNS. SELECCIÓN ESPAÑOLA DE BALONMÁN

Cunha folla bloque en forma de til, e un selo troquelado coa silueta dese distintivo tan noso, Correos homenaxea aos “Hispanos” que se coroaron co ouro no Campionato de Europa de Croacia 2018.

O equipo campión de Europa estivo formado por: Arpad Šterbik, Gonzalo Pérez de Vargas, Rodrigo Corrales, Ferrán Solé, David Balaguer, Ángel Fernández, Aitor Ariño, Valero Rivera, Daniel Sarmiento, Joan Cañellas, Raúl Entrerríos, Viran Morros, Julen Aguinagalde, Gedeón Guardiola, Adrià Figueras, Eduardo Gurbindo, Iosu Goñi, Alex Dujshebaev, Daniel Dujshebaev e, como seleccionador, Jordi Ribera.

Suecia, a selección contra a que se disputaba esta ansiada final, foi un rival que estivo á altura, pero que non puido coa furia hispana que conseguiu alzarse coa vitoria cun resultado de 29-23.

Curiosamente, España disputou o seu primeiro partido de balonmán no ano 1953 fronte a Suecia, en Madrid, con vitoria dos escandinavos e, 55 anos despois, no Area Zagreb, estes dous equipos veríanse de novo as caras, neste caso, co triunfo dos nosos.

Esta vitoria culmina o excelente palmarés da Selección Española masculina de Balonmán. Tras catro medallas de prata en campionatos de Europa, esta medalla de ouro logra levalos ao máis alto do deporte do vello continente.

Esta vitoria é moito máis ca un simple triunfo, é a proba de que este equipo, o seu estilo de xogo e o seu espírito de superación nos darán moitas máis alegrías en competicións futuras.

A folla bloque con forma de til recolle a imaxe do equipo gañador, que celebra orgulloso a medalla de ouro, onde destaca no selo o trofeo de campións de Europa 2018.

A alegría e a festa dos hispanos, faise extensible a Correos, que confiou plenamente neles neste percorrido que os levou ao máis alto do deporte europeo.