Data de emisión: 09 xaneiro 2018

Turismo

CONSULTAR TARIFAS

Turismo

HISTORIA

TURISMO

Un ano máis, España anótase uns resultados espectaculares en canto ao número de visitantes no noso país.

As cifras falan de 80 millóns de turistas e máis de 84 millóns de euros.

Non é de estrañar que este país sexa un lugar turístico perfecto que reúne todos os elementos do destino ideal para pasar uns días de descanso.

As excelentes infraestruturas en materia de transportes, un clima variado onde podes encontrar sol e praia, neve e montaña, o verde dos grandes prados ou as cidades máis atractivas sitúana na lista dos países máis desexados para visitar.

A serie filatélica Turismo emite dous novos selos que resumen cunha imaxe moitas das grandezas deste país.

A chancleta recórdanos ese turismo de sol e costa. As máis de 2.000 horas de sol ao ano son o reclamo ideal para os miles turistas que veñen a España, buscando a calidade das nosas augas e os case 6.000 quilómetros de praia. As franxas de cores que adornan o selo recordan todas esas características: os azuis do ceo e o mar, os amarelos do sol e a terra e o verde que simboliza a natureza que enmarca a nosa xeografía.

O selo dedicado ao turismo de interior vén representado por unha bota de montaña que nos leva ás poboacións rurais, os montes, os grandes picos, o campo ou a neve. A ocupación en aloxamentos de turismo rural creceu sobre un 11 por cento no último ano. A variedade do noso clima, a posibilidade de combinar neve e sol ou poder practicar deportes de montaña fixeron que, cada vez máis, os turistas nos elixan non só polas nosas costas. Os verdes e marróns que adornan o selo fan alusión a esa España de serra e monte.

Non hai que esquecer o alto nivel cultural de España, con centos de museos, unha grande axenda de espectáculos, cidades Patrimonio da Humanidade, monumentos e, sobre todo, a calidade e a calidez da súa xente.