Data de emisión: 04 xullo 2018

VIII Centenario de los Estudios Generales (Universidad de Palencia)

CONSULTAR TARIFAS

VIII Centenario de los Estudios Generales (Universidad de Palencia)

HISTORIA

VIII CENTENARIO DOS ESTUDOS XERAIS. UNIVERSIDADE DE PALENCIA.

Arredor da Catedral de Palencia, fundouse unha escola no século XI. Co paso dos anos, adquiriu gran renome en todos os territorios reconquistados para chegar a ter un grande esplendor a finais do século XII. Acabábanse de poñer os primeiros alicerces da primeira Universidade da historia de España.

Sería o bispo da cidade, don Tello Téllez, quen lle daría o impulso definitivo a esta institución educativa. En 1221 obteríase a aprobación pontificia de Honorio III converténdose nunha das primeiras universidades de Europa.

O primeiro centro de estudos superiores considerado e recoñecido como tal foi o Estudo Xeral de Palencia.

Este ano celébrase o oitocentos aniversario e para conmemorar tan importante efeméride, Correos emitiu un selo con dúas imaxes que unen pasado e presente.

Ao monumento que actualmente hai na Universidade de Palencia engadíuselle unha imaxe de Alfonso VIII de Castela. Naquel momento, este monarca decidiu que, seguindo o modelo de Bolonia, Oxford ou París, había que outorgar un recoñecemento oficial aos Studium Generale, como se coñecían entón, e outorgoulles axudas económicas.

Polas súas aulas pasaron reputados mestres; entre os seus alumnos máis destacados, figura Gonzalo de Berceo.

Os alumnos obtiñan o título de licenciados en Teoloxía e Artes, tras cursar os dous ciclos de ensino que existían: o Trivium (Gramática, Retórica e Lóxica) e o Quadrivium (Aritmética, Xeometría, Astronomía e Música).

O Studium Generale de Palencia destacou tamén polos seus estudos xurídicos complementarios, que contaban con leccións dalgunhas das principais eminencias da época. Non obstante, o falecemento de Alfonso VIII en 1214 trouxo consigo o declive do centro, sobre todo cando o seu sucesor, Alfonso IX, decidiu trasladar a universidade a Salamanca en 1218.

Actualmente, a Universidade de Palencia segue o mesmo impulso que alentou a súa creación: propagar o coñecemento.