Data de emisión: 09 xullo 2018

VOLVO OCEAN RACE 2017-18. Alicante puerto de salida

CONSULTAR TARIFAS

VOLVO OCEAN RACE 2017-18. Alicante puerto de salida

HISTORIA

VOLVO OCEAN RACE 2017-2018. ALACANT PORTO DE SAÍDA

Alacant foi o porto de saída da Volta ao Mundo a Vela nas últimas catro edicións, da que se considera a competición máis longa e máis dura do deporte profesional. O 22 de outubro de 2017 a cidade despediu á frota que percorreu máis de 45.000 millas náuticas arredor do planeta, con paradas en once cidades para rematar na Haia (Holanda), onde concluíu o 30 de xuño de 2018.

Alacant é tamén sede da organización da regata dende 2010 e, dende 2012, do único Museo do mundo dedicado á Volvo Ocean Race, un dos tres grandes acontecementos do mundo da vela xunto aos Xogos Olímpicos e a Copa América.

Durante máis de 40 anos, a regata exerceu un influxo case mítico sobre algúns dos mellores navegantes da historia, moitos dos cales dedicaron anos, e mesmo décadas, a intentar gañala.

A regata sitúase na intersección exacta entre a aventura humana e a competición pura e dura, que resulta ser extrema e non perdoa os erros. Na era actual, na que se compite a bordo de monotipos (barcos iguais), o único xeito de gañar é navegando con máis tesón e intelixencia que os teus rivais. A regata gáñase na auga, non na fase de deseño.

Non hai premio económico para os gañadores, pero ver o teu nome gravado nun dos aneis de prata que compoñen o trofeo da Volvo Ocean Race é unha recompensa que non ten comparación para os deportistas que creceron soñando con emular as fazañas das lendas da regata. Figuras heroicas que dedicaron as súas vidas a perseguir a vitoria, como Blake, Eric Tabarly, Conny van Rietschoten, Magnus Olsson, Grant Dalton ou Ian Walker.

O concepto da regata é simple: é o maratón oceánico definitivo, unha carreira arredor do mundo no sentido contrario ás agullas do reloxo en constante persecución dos teus rivais, na que os mellores regatistas do mundo miden as súas forzas a través dos océanos máis salvaxes do globo.

O selo mostra unha fotografía dun momento da competición onde aparecen varias embarcacións en alto mar.