Data de emisión: 03 xuño 2019

12 meses, 12 sellos. Albacete

CONSULTAR TARIFAS

12 meses, 12 sellos. Albacete

HISTORIA

12 MESES 12 SELOS. ALBACETE

Xuño comeza con alfombras de serraduras realizadas polos veciños de diferentes poboacións da provincia de Albacete enchendo as súas rúas cun manto multicolor e espectacular para celebrar o Corpus Cristi.

Este mes a emisión 12 meses 12 selos dedícase á provincia de Albacete situada nun cruzamento neurálxico de vías que a converte en punto estratéxico de comunicacións entre Andalucía, Levante e a Meseta. As poucas noticias firmes que se coñecen refírense a un vello castelo de época califal. É o núcleo do Al-Basit árabe que dará o seu nome á cidade, do que non quedan máis restos que certa cantidade de cerámica atopada xunto ao actual edificio da Deputación Provincial. Durante a época medieval esta zona foi escenario de moitas loitas entre cristiáns e musulmáns ata a conquista do castelo de Albacete en 1241, ao ano seguinte Pelayo Pérez conquista Chinchilla e Albacete pasaría a depender desta poboación en calidade de aldea.

Formando a letra A aparecen varios elementos que como fragmentos dun calidoscopio fan aparecer diferentes partes da provincia.

Na lectura de “O Quixote” nótase o deleite que producía en Cervantes a gastronomía da provincia de Albacete. Hoxe en día ese pracer cultívase con esmero en moitos dos seus fogóns, dos que seguen xurdindo milagrosos pratos tradicionalmente manchegos, como o atascaburras: Prato típico dos días de neve da provincia de Albacete, abrigo da serra, a base de bacallau desalgado e aceite de oliva; allo, ovos duros, aceite, patacas e noces fóronse incorporando posteriormente á receita orixinal. O aspecto é dunha mousse, a textura dun puré de pataca, pero agocha un sabor contundente.

Os miguelitos son uns doces típicos da localidadealbaceteñadeLa Rodafeitos a base de finofollado, recheos de crema e espolvoreados conazucre glas, e cuxo segredo reside nunha coidadosa e artesanal elaboración.

Na actualidade elabóranse con diferentes variedades de recheo: chocolate, chocolate branco... aínda que o máis demandado segue sendo o orixinal de crema.

Durante séculos, a técnica do aceiro de Castela-A Mancha foi recoñecida como un referente, e aínda se fala do aceiro toledano ou das navallas de Albacete. O seu segredo segue gardado con celo polos artesáns e industrias de Castela-A Mancha. A coitelaría é unha as actividades artesás máis importantes creando pezas caracterizadas pola súa duración, e pola súa capacidade de non perder o gume durante moito tempo.

Castelo de Alcalá del Júcar: Dende a distancia, Alcalá del Júcar ofrece unha visión espectacular: as casas, graduadas nun altísimo outeiro, dispóñense arredor da fortaleza, construída polos almohades entre os séculos XII e XIII. É un bo exemplo de arquitectura islámica, cunha torre grande pentagonal, e dúas pequenas torres de planta circular, dispostas en tres alturas. Restos da antiga muralla rodean a fortaleza. É interesante considerar que xa houbo aquí asentamentos iberos e romanos, que tamén elixiron o outeiro como punto de vixilancia e defensa.

Castelo de Chinchilla de Montearagón: O colosal foso tallado na rocha que rodea o castelo producirá vertixe ao visitante: a súa anchura é de dez metros e a súa profundidade de seis. Reconstruído no século XV, permítenos coñecer un castelo adaptado ao uso das armas de artillaría, incorporadas ás guerras na época. O recinto do castelo está rodeado de muros de cachotería, con estreitas seteiras, e torres cilíndricas nas esquinas. Aínda se poden apreciar restos de murallas da época musulmá e posterior, así como dúas portas, a de Diablos e a de Tiradores. Juan Pacheco, Marqués de Villena, mandou reconstruír o castelo sobre a fortaleza árabe chamada “XerifEl-Edrisi”. Pero ademais, en Chinchilla de Montearagón poden gozarse outras marabillas medievais, como escudos e casas grandes practicamente intactas, e restos arqueolóxicos iberos e romanos.

Para rematar aparece na franxa inferior a cor carmesí propia da bandeira da provincia