Data de emisión: 01 agosto 2019

12 meses, 12 sellos. Almería

CONSULTAR TARIFAS

12 meses, 12 sellos. Almería

HISTORIA

12 MESES 12 SELOS. ALMERÍA

No mes de agosto onde as vacacións e a praia son os protagonistas, a serie 12 meses 12 selos 12 provincias cede o seu protagonismo á provincia de Almería. Almería, pola súa situación estratéxica, aberta ao Mediterráneo, albergou durante a súa historia diferentes civilizacións. Unha importante pegada atopámola nos restos arqueolóxicos repartidos por toda a nosa provincia. No selo aparecen algúns elementos característicos da provincia:

Tanto a súa paisaxe como a bondade do clima almeriense, converteron esta provincia no marco idóneo para desenvolver unha importante industria cinematográfica, pola que desfilaron algúns dos máis famosos personaxes do celuloide ao que se quixo representar cun vaqueiro montado a cabalo como homenaxe ás películas do oeste.

A gastronomía que se pode gozar na provincia de Almería é variada e natural, e nela conviven dende a antigüidade produtos do mar e da terra, de excelente calidade. O pemento e o seu derivado o pemento en po, son o piar da súa cociña que chegou ata os nosos días. A gamba vermella de Garrucha é a raíña da gastronomía almeriense, con Denominación de Orixe. Diferénciase da gamba branca polo maior tamaño (pode chegar a acadar os 20 cm), o seu intenso sabor e pola cor vermella, que se torna moito máis intensa na parte da cabeza, sendo un lila case negro. Sobre unha superficie de 10.836 hectáreas de invernadoiro, a provincia de Almería é a maior produtora e comercializadora de tomate tanto en España coma en toda Europa

O indalo foi utilizado en Mojácar, dende tempos remotos, cando a xente o coñecía como “Boneco Mojaquero”, xa que os primeiros viaxeiros románticos, atopábano pintado nas fachadas das casas, onde os habitantes de Mojácar o debuxaban cos restos de cal, que utilizaban para pintar as fachadas das súas casas, co obxecto de escorrentar o “mal de ollo” e preservar a vivenda das tormentas. Da súa orixe e o seu nome trataron diversos autores, vinculando o uso do símbolo, co neolítico na provincia, o Ank exipcio ou a explosión do máis importante movemento cultural almeriense dos anos 50.

A Alcazaba de Almería divísase dende calquera punto da cidade de Almería, sendo a maior das cidadelas construídas polos árabes en España. A súa construción foi iniciada no ano 955 por Abderramán III e rematada por Hayrán, rei taifa de Almería, no século XI. Tras a conquista cristiá é reformada polos Reis Católicos e Carlos I. Dende o alto das murallas da Alcazaba pódense observar unhas marabillosas vistas da cidade e do porto.

A franxa inferior é de cor vermella como unha das cores da bandeira da provincia.

Ademais dunha provincia cinematográfica foi tamén inspiración literaria para diferentes autores como Federico García Lorca que con Bodas de Sangre describiu un suceso real acontecido nun casal de Níjar. Suceso que tamén se converteu en obra literaria da man da escritora almeriense Carmen de Burgos, Colombine.