Data de emisión: 02 maio 2019

12 meses, 12 sellos. Granada

CONSULTAR TARIFAS

12 meses, 12 sellos. Granada

HISTORIA

12 MESES 12 SELOS. GRANADA

En vésperas dunha das festas con máis arraigamento popular de Granda, O día da Cruz (s. XVII), emítese un selo dedicado á provincia de Granada dentro da serie 12 meses 12 selos 12 provincias Granada.

Para ilustrar este selo partindo das letras GR e a cor verde na franxa inferior como a cor da provincia de Granada, incluíronse diferentes elementos para coñecer mellor unha provincia situada á beira do mar Mediterráneo e en plena cordilleira Penibética, sendo a súa capital a cidade de Granada. Na provincia pódense distinguir tres zonas ben diferenciadas: a costa, a veiga granadina e a zona das montañas. Cada unha delas posúe unhas características climáticas, orográficas, históricas e situacionais particulares que a distinguen das demais.

Acadando o ceo dende os escarpados cumes de Serra Nevada, Parque Nacional dende 1999 e representativo dos sistemas mediterráneos de montaña e alta montaña. Nesta serra localízanse os maiores picos da península ibérica: o Mulhacén (3.482 m) e o Veleta (3.392 m), este último aparece nevado no selo. Toda a zona de cumes amosa as pegadas da erosión glaciar, con vales en forma de U, circos coroados por cristas, e lagoas que ocupan as depresións.

A importancia da gastronomía témola nos produtos cultivados na súa costa tropical que pola súa situación mediterránea, a súa proximidade con África e a protección de Serra Nevada fan que teña un microclima subtropical ideal para o cultivo de froitas tropicais como o aguacate ou máis exóticas como a carambola que aparecen no selo.

Non podemos esquecer o froito da milgrandeira: a milgranda que aparece tanto no escudo da provincia como no da cidade. Se esquecernos do froito que aparece no seu escudo e no seu nome: a granada. Unha froita que en oriente é considerada como un símbolo do amor e a fecundidade e que as súas virtudes foron difundidas por poetas como García Lorca.

O monumento por excelencia de Granada: A Alhambra non podía faltar, dando forma ao G aparece un arco de estuco tan característico desta construción. A Alhambra, denominada así polos seus muros de cor avermellada («qa'lat al-Hamra'», Castelo Vermello), está situada no alto da colina de al-Sabika, no marxe esquerdo do río Darro, ao leste da cidade, fronte aos barrios do Albaicín e da Alcazaba.

A catedral de Guadix, denominada Santa Apostólica Igrexa Catedral da Encarnación de Guadix supón un compendio de historia, arte e tradición relixiosa. O seu título de apostólica venlle dada por estar considerada a diocese primeira de todo o territorio que hoxe conforma o noso país, España… Polo tanto, a historia da Catedral de Guadix remonta as súas orixes espirituais á aparición do Cristianismo na Hispania Romana. O principal atractivo da Catedral de Guadix é a súa riqueza arquitectónica, fundindo nun só conxunto, de forma harmoniosa, os tres estilos correspondentes a cada unha das épocas na que foi construída, dende o gótico ata o barroco.