Data de emisión: 01 abril 2019

12 meses, 12 sellos. Ourense

CONSULTAR TARIFAS

12 meses, 12 sellos. Ourense

HISTORIA

12 MESES 12 SELOS. OURENSE

“En abril augas mil” di o refrán, e que mellor que dedicar este mes dentro da serie 12 meses 12 selos 12 provincias a Ourense, unha provincia que non se entende sen a auga: a dos seus ríos e regatos, a da chuvia, a que xoga nas fontes da súa zona antiga e, moi especialmente, as súas augas termais mineromedicinais.

Para ilustrar este selo, partindo das letras OU e a cor azul na franxa inferior, como a cor da provincia, incluíronse diferentes elementos para coñecer mellor a provincia de Ourense.

Un fragmento da amplia ventá da torre da Catedral Basílica de Ourense, catedral de San Martiño, é un eixe monumental da cidade, articulando o centro histórico arredor do cal se foi desenvolvendo a cidade.

Un elemento que non pode faltar en ningunha celebración: o polbo, ao ser unha provincia de interior, salienta e é coñecida polas pulpeiras, que se remonta á Idade Media. Daquela, a orde cisterciense de Oseira, a 20 quilómetros da cidade, posuía territorios que se estendían ata a ría de Marín. Por traballalos, os campesiños da costa pagaban tributo ao mosteiro (representado no selo co seu campanario), un décimo que a miúdo chegaba en forma de polbo. Así comezou a tradición de importalo, desenvolvendo unha técnica de secado que mantivese o seu sabor e propiedades nunha época na que os transportes eran lentos, e consolidando a receita tradicional do polbo á feira, que se cociñaba nas romaxes e mercados do interior.

As fontes termais das Burgas son un dos espazos máis emblemáticos e queridos na cidade, moi ligado ás súas orixes. Aquí nacería a antiga Aquis Aurienses («augas de ouro»), un asentamento romano formado arredor destes mananciais mineromedicinais que hoxe continúan brotando a máis de 60 ºC no corazón do centro histórico.

A alquitara para o destilado do bagazo, que é unha augardente obtida por destilación de bagazos de uva, é dicir, as partes sólidas da vendima que non teñen aproveitamento na elaboración previa do viño, pertence ao mesmo tipo de bebida que os marc franceses, as grappas italianas, as bagaçeiras portuguesas ou os tsiroupos gregos.

Os impresionantes Canóns do Sil e do Miño, con paraxes impoñentes (canóns de 500 m de profundidade e diminutos viñedos en escarpadas abas que requiren un esforzo heroico) e os seus fermosos mosteiros. As condicións climáticas permiten que especies tipicamente mediterráneas encontren aquí refuxio, como as sobreiras e os albedros, que acompañan as manchas boscosas autóctonas de carballos e castiñeiros. As aves rapaces, como a aguia real e o falcón peregrino, tamén encontran o seu hábitat nas rochas de máis difícil acceso do canón.

Na Trabe (Ourense) abundan os bosques de castiñeiros (soutos, na nosa lingua). As castañas, ata a chegada dos cultivos americanos, foron unha fonte de alimento indispensable na cociña rural galega, sobre todo en áreas de montaña. Hoxe, séculos despois, constitúen un produto autóctono cada vez máis apreciado gastronomicamente,