Data de emisión: 20 febreiro 2019

250 Aniv. Reales Ordenanzas Carlos III

CONSULTAR TARIFAS

250 Aniv. Reales Ordenanzas Carlos III

HISTORIA

EFEMÉRIDES. 250 Aniversario da creación das Reais Ordenanzas de Carlos III

O 22 de outubro de 1768 foron publicadas as Reais Ordenanzas aprobadas por Carlos III baixo o título Ordenanzas da súa maxestade para o réxime, disciplina, subordinación e servizo dos seus exércitos. Agrupadas en oito tratados, constituían un conxunto de normas que abranguían os máis variados aspectos da vida militar, como o vestiario, os tratamentos, actos e honras militares ou o recrutamento e organización das unidades militares. Dirixido nun primeiro momento á rama terrestre do exército, foi adaptado posteriormente á normativa da Armada e ao Exército do Aire, cando este se creou no século XX.

A súa elaboración foi froito de sucesivas xuntas celebradas ao longo de varios anos baixo a presidencia do conde de Aranda, sendo secretario o tenente xeneral don Antonio Oliver Sacasa, considerado como o verdadeiro autor das Ordenanzas, sobre todo no seu Tratado segundo, que resume o que adoitaba denominar “estilo de mando á española” e que tanta repercusión tivo no exército español ao longo da súa historia.

O espírito da ilustración deixou tamén a súa pegada nas Reais Ordenanzas en dous aspectos que foron innovadores no seu momento, como a preeminencia da valía persoal sobre o grao de fidalguía e o retraemento da confesionalidade católica respecto á profesionalidade e eficacia das unidades militares.

Dos oito tratados, foi o segundo o que máis influencia tivo nas forzas armadas ao longo dos séculos, ao constituír un código deontolóxico que recollía os principios éticos e morais que debían presidir o comportamento dos militares. O seu vigor e a súa vixencia permitiron que mesmo algúns dos seus artigos foran reproducidos de xeito practicamente literal nas Reais Ordenanzas de 1978, que están actualmente en vigor e aprobadas en 2009.

No selo aparece a imaxe de Carlos III vestido con armadura de gala sobre un fondo cor castaño escuro, característico dos documentos antigos, e a reprodución do texto da primeira páxina das Reais Ordenanzas.