Data de emisión: 15 marzo 2019

40 Aniversario Elecciones Parlamento Europeo

CONSULTAR TARIFAS

40 Aniversario Elecciones Parlamento Europeo

HISTORIA

40 Aniversario das eleccións ao Parlamento Europeo

O Parlamento Europeo constitúe xunto coa Comisión Europea e o Consello da Unión Europea un dos órganos con potestade lexislativa que compoñen o conxunto de institucións que rexen a Unión Europea. Xunto á súa función de aprobar a lexislación, ten encomendadas competencias presupostarias e de control democrático de todas as institucións da Unión, ademais de poder decidir sobre acordos internacionais e a adhesión de novos membros.

Representa directamente os cidadáns de cada un dos vinte e oito Estados membros que compoñen a Unión Europea, que elixen aos eurodeputados por sufraxio universal, directo e secreto, sendo o seu número proporcional á poboación de cada Estado.

A presentación de candidatos está reservada aos partidos políticos nacionais que adoitan aliarse con partidos doutros Estados cos que comparten similitudes ideolóxicas, formando partidos a escala europea que constitúen os núcleos dos grupos parlamentarios que conforman o Parlamento. Deste xeito, a Unión queda representada no seu máis amplo espectro ideolóxico; dende grupos conservadores e progresistas ata liberais, ecoloxistas e euroescépticos.

As primeiras eleccións ao Parlamento Europeo realizáronse no ano 1979, e dende entón teñen lugar cada cinco anos. España realizounas por primeira vez en 1987, dous anos despois da súa entrada na Comunidade Europea, cuxos eurodeputados exerceron o seu mandato ata 1989, momento no que houbo eleccións a escala europea. Actualmente, a España correspóndenlle 59 deputados elixidos en circunscrición única.

En 2019 teñen lugar as eleccións ao Parlamento Europeo do 23 ao 26 de maio e conmemórase, ademais, o cuadraxésimo aniversario da súa primeira edición, celebración que Correos conmemora coa emisión dun selo, imprimido nun formato especial, que inclúe un cuño que simula a introdución dun sobre nunha urna electoral.