Data de emisión: 12 xullo 2019

40 años de Seguridad Social y sus Entidades Gestoras

CONSULTAR TARIFAS

40 años de Seguridad Social y sus Entidades Gestoras

HISTORIA

40 ANOS DAS XESTORAS DA SEGURIDADE SOCIAL

En 1978 España viviu multitude de cambios importantes na súa estrutura de Estado. Un deles, quizais, un dos máis importantes foi a reforma da Seguridade Social.

Hai corenta anos creouse a Tesouraría Xeral da Seguridade Social como servizo común a todo o Sistema cuns principios fundamentais como son “a caixa única” e o principio de “solidariedade financeira”.

Para a xestión da saúde creábase o Insalud, das prestacións encargaríase o INSS, en materia de desemprego actuaría o INEM, para os servizos sociais estaba o INSERSO. Todo iso baixo o paraugas dunha caixa única para a administración dos recursos e o patrimonio da Seguridade Social, a TXSS.

Dende entón seguiuse avanzando e conseguindo grandes fitos para o benestar dos españois e residentes en España.

Hoxe en día, lográronse cousas tan importantes como que os pais poidan coidar dos seus fillos enfermos de cancro, ou as baixas por risco no embarazo, os permisos por lactación materna e moitas outras cousas máis que hai corenta anos eran impensables e moi necesarias.

O deseño do selo presenta sobre un fondo esfumado de persoas camiñando, seis símbolos que representan algúns dos aspectos máis importantes da Seguridade Social con fondos verdes símbolo desta institución.

A cruz que representa a saúde e a protección que o sistema da Seguridade Social exerce sobre ela; unhas moedas que nos lembran tanto a recadación coma as prestacións que facilita; un casco como símbolo do traballo; a calculadora representando a xestión económica; bastóns para os maiores ou as persoas que por calquera motivo o precisan, simbolizando as pensións e tamén as prestacións por enfermidade; por último un corazón, símbolo tamén da seguridade e o benestar que o Sistema de Seguridade Social español garante a todos os cidadáns.

Durante estes corenta anos España conseguiu grandes avances nesta materia, hoxe en día, segue traballando para asegurar o que temos e conseguir maiores logros aínda.