Data de emisión: 07 xullo 2019

Asociación internacional de Hispanistas

CONSULTAR TARIFAS

Asociación internacional de Hispanistas

HISTORIA

ASOCIACIÓN DE HISPANISTAS

En 1962 fundouse en Oxford, Inglaterra, a Asociación Internacional de Hispanistas, unha institución aberta cuxo obxectivo principal é promover a investigación no ámbito dos estudos hispánicos, fomentando sobre todo o intercambio de ideas, métodos e enfoques desenvolvidos nos distintos países de orixe dos seus máis de mil socios.

Para cumprir ese obxectivo, a Asociación organiza congresos cada tres anos. Este ano 2019, o encontro realizarase na Universidade Hebrea de Xerusalén, converténdose na primeira sé israelí de tan prestixioso evento.

Tamén, e grazas ao xeneroso apoio da Fundación Duques de Soria, a asociación publica cada ano, dende 1994, un Boletín Bibliográfico. No Boletín recóllese tanto información bibliográfica como noticias das actividades académicas dos hispanismos nacionais durante o ano, así como anuncios das actividades que van ter lugar no ano seguinte.

Cada tres anos, un directorio que inclúe os campos de investigación de cada un dos seus socios, así como as Actas dos Congresos celebrados.

Ao longo da súa historia, a Asociación tivo a personalidades ilustres do mundo das letras como presidentes de honra. Tal é o caso do primeiro, Ramón Menéndez Pidal, ou do seu sucesor no cargo, Dámaso Alonso.

O hispanismo é o estudo de España, Hispanoamérica e, en xeral, da Hispanidade.

Dende o século XVI todo o novo que chegaba a Europa facíao dende España: as novas terras conquistadas, novos xéneros e personaxes literarios, bailes, modas… Iso xerou unha necesidade de saber español e coñecer o español para saciar esa curiosidade e tamén, aproveitar eses recursos movidos por intereses comerciais e económicos. Esa necesidade traduciuse no Hispanismo que hoxe en día segue tan vivo ou máis.

O selo dedicado a Asociación Internacional de Hispanistas, presenta unha ilustración dunha bóla do mundo sucada por un barquiño de papel lembrando aqueles onde todo o hispano dominaba o mundo.