Data de emisión: 06 novembro 2019

Cine español. D'Artacán

CONSULTAR TARIFAS

Cine español. D'Artacán

HISTORIA

CINE ESPAÑOL. D´ARTACÁN

Un divertido miniprego con seis selos que teñen como protagonista ao inesquecible D'Artacán, continúa a serie dedicada ao cine español.

Este pequeno “mosquecan”, era o protagonista dunha serie que tivo un grande éxito en España, dende que comezou a súa emisión en Televisión Española en 1982.

Baseada na obra de Os tres mosqueteiros de Alejandro Dumas, esta adaptación infantil, narra a historia de D'Artacán, un can que quere converterse en “mosquecan”. Cando chega a París, coñece outros tres cans que pertencen a este corpo: Amis, Pontos e Dogos. Con eles, vive mil aventuras loitando contra o malvado cardeal Richelieu.

Vive unha historia de amor con Julieta, unha doncela da raíña. Tamén, inicia unha grande amizade cun pequeno rato chamado Pom, quen ten o papel de astuto e intelixente, complementándose co protagonista, que a pesar de ser moi valente non é moi listo.

A serie estaba composta por 26 capítulos e foi emitida en numerosos países.

Con ela, moitos nenos e mozos achegáronse á gran novela de Dumas dun xeito máis próximo e accesible.

Este personaxe converteuse nun referente para o público infantil, e tamén, entrou a formar parte do imaxinario dunha xeración que creceu unicamente con dúas canles de televisión.

O selo amosa un D'Artacán coa súa espada na man e un xesto na cara que denota esa ousadía e valentía do que era característico.

Cada un dos selos está enmarcado nun fondo representativo da serie de televisión.

O ceo azul de París, as rúas desa cidade ou unha paisaxe arborada onde D'Artacán adoitaba adestrar para poder entrar a formar parte do ilustre corpo dos “mosquecans”, que loitaban e defendían o rei.