Data de emisión: 06 novembro 2019

Cine español. Fernando Guillén

CONSULTAR TARIFAS

Cine español. Fernando Guillén

HISTORIA

CINE ESPAÑOL. FERNANDO GUILLÉN GALLEGO

No ano 2013 deixábanos un grande actor español, cabeza dunha gran saga que non fai máis que se consolidar no cine do noso país.

Fernando Guillén naceu en Barcelona en 1932. A pesar de que a súa vocación era a realización cinematográfica, ao non acadar a idade regulamentaria para ingresar no Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas (IIEC), desviou a súa carreira cara aos escenarios. Formou parte das compañías do Teatro Español e do María Guerrero, creando logo a súa propia xunto á súa muller, a tamén actriz Gemma Cuervo. Posteriormente desenvolveu a súa carreira nos estudios de Televisión Española.

En 1991 alzouse co Premio Goya ao Mellor Actor Principal polo seu papel en Don Juan en los Infiernos.

Ademais das súas representacións en Estudio 1, protagonizou numerosas series de éxito como La saga de los Rius ou os Jinetes del alba.

No cine, ademais dese papel que lle deu a figura do pintor español, interpretou papeis importantes e moi aplaudidos en películas como La estanquera de Vallecas, na Ley del deseo ou Mujeres al borde de un ataque de nervios, esta dúas últimas, do director manchego Pedro Almodóvar.

Foi un gran profesional da escena, non sendo un galán ao uso quizais, pero conquistando sen dúbida a través da mirada e da súa elegancia ao actuar.

O selo que homenaxea este grande do cine español, amosa unha imaxe en branco e negro, dun primeiro plano do actor, apoiando a cara na súa man e mirando directamente ao obxectivo, con ese xesto tan seu que lograba conquistar a cámara e ao público que había detrás.

A maxia do cine dános a posibilidade de vivir e revivir esas historias que permanecen para sempre. Esa inmortalidade do cine traspásase á dos actores, que grazas ás súas interpretacións sempre estarán vivos nas súas películas.