Data de emisión: 30 outubro 2019

Conjuntos Urbanos Patrimonio Humanidad. Úbeda y Baeza

CONSULTAR TARIFAS

Conjuntos Urbanos Patrimonio Humanidad. Úbeda y Baeza

HISTORIA

CONXUNTOS URBANOS PATRIMONIO DA HUMANIDADE. ÚBEDA E BAEZA

A serie Conxuntos urbanos Patrimonio da Humanidade emite este ano unha folla bloque cunha bela calcografía dedicada ás cidades xienenses de Úbeda e Baeza.

O 3 de xullo de 2003 ambas as dúas cidades recibiron, por parte da UNESCO, o título de Patrimonio da Humanidade.

Ademais de compartir esta honra, Úbeda e Baeza comparten tamén un legado histórico, artístico e cultural único en España.

Durante o século XVI, ambas as dúas localidades, convertéronse en dúas das cidades preferidas da nobreza da época. A súa excelente situación e unha perfecta rede de comunicacións fixo que personaxes da época como Francisco de los Cobos, secretario de Carlos V ou Juan Vázquez de Molina, o seu sobriño, que foi secretario para os asuntos de Castela, as elixisen para desenvolver a súa vida. Este último, ademais, arredor de 1550, deu comezo en Úbeda, a súa cidade natal, a construción dun suntuoso pazo que leva o seu nome, coñecido tamén hoxe como Casa das Cadeas, hoxe en día sede do Concello da localidade que foi declarado Monumento Nacional en 1931

Este Pazo é o motivo do selo, que ten forma de U e que amosa un detalle deste edificio que compón a metade da folla bloque.

A outra metade da folla bloque, amosa unha imaxe parcial da Catedral da Natividade da Nosa Señora, edificio renacentista de Baeza, que foi a sede do bispado de Xaén dende 1227 ata 1249 que se trasladou a Xaén.

Segundo a tradición, a catedral érguese sobre unha mesquita consagrada para o culto cristián polo rei Alfonso VII. Despois, volveu ser mesquita ata que definitivamente en 1227 o edificio fose consagrado definitivamente como templo cristián.

O selo, coa forma da letra B, amosa un detalle do exterior deste edificio, concretamente da fonte de Santa María, unha das iconas monumentais da cidade.