Data de emisión: 21 outubro 2019

Descubridores de Oceanía. Francisco Antonio Mourelle

CONSULTAR TARIFAS

Descubridores de Oceanía. Francisco Antonio Mourelle

HISTORIA

DESCUBRIDORES DE OCEANÍA. FRANCISCO ANTONIO MOURELLE

Cun novo selo impreso en papel madeira, simulando o material co que se construían os barcos, Correos continúa un ano máis dando a coñecer os Descubridores de Oceanía.

O protagonista deste selo, no que podemos ver unha ilustración co seu busto, é Francisco Mourelle de la Rua.

Naceu en 1750 na Coruña converténdose nun gran navegante. Polos seus recursos económicos limitados, non logrou ingresar na real Compañía de Guardiamarinas tendo que conformarse con ingresar na Academia de Pilotos de Ferrol obtendo o título en 1766.

Dende os seus principios, salientou polo seu dominio na construción e uso de ferramentas de navegación.

Sendo destinado en Filipinas, en 1780 o gobernador José Basco e Vargas confioulle o mando da fragata Princesa para realizar un encargo a México.

Mentres atravesaba o Océano Pacífico, descubriu numerosas illas como a Illa Ermitaño, que hoxe en día se coñece por ese mesmo nome; ou a San Francisco, a San Jose e San Antonio, que hoxe se chaman Simberi, Mabua, Tabar, entre outras.

Pero o seu descubrimento máis importante foi o do grupo das Vavao, no arquipélago de Tonga. Iniciou unha grande amizade co “Tubou” ou rei das illas, que chegou mesmo a ofrecerlle a unha das súas fillas, feito que foi rexeitado polo descubridor.

Os españois estiveron un mes neste paradisíaco lugar, sen ningún incidente cos indíxenas quen foi provisto de froita e auga coas que puideron continuar a súa viaxe.

Tras outras moitas viaxes, combates, éxitos e fracasos, morreu o 24 de maio de 1820.

Foi o último representante da estirpe de grandes mariños españois de finais do XVIII, xunto con Barceló, Mazarredo, Gravina, Churruca, Alcalá ou Galiano.

O selo ten de fondo un detalle do mapa coa ruta que seguiu cando descubriu as paradisíacas illas.