Data de emisión: 05 febreiro 2019

Disello

CONSULTAR TARIFAS

Disello

HISTORIA

V CONCURSO DISELLO 2018

Por quinto ano consecutivo Correos organizou durante o ano 2018 o Concurso Nacional de Deseño de Selos cunha ampla participación que chega ás 1713 persoas. Destacamos o incremento de participación na categoría xuvenil (entre 12 e 17 anos) con 945 deseños, que deixa na categoría xeral (maiores de 18 anos) 768 obras.

O deseño sempre é un reto á imaxinación, pero deseñar para un espazo tan pequeno e que condense toda a información que se queira contar (8 cm2) require un dobre esforzo que, á vista da calidade das obras presentadas, os participantes superaron notablemente.

Un xurado composto por personalidades do deseño e a ilustración elixiu 20 finalistas por categoría sumadas ás 20 seleccionadas por votación popular. Das 80 obras finalistas, 40 por categoría, o xurado decidiu os premiados do V Concurso Nacional de Deseño de Selos 2019:

1º Premio categoría xeral, Paula López-Berges Núñez

1º Premio categoría xuvenil, Claudia Torres Martínez, alumna do IES Bernardino de Escalante (Laredo).

O selo gañador na categoría xeral mostra unha ilustración titulada pola súa autora chica bajo la lluvia con carta de amor, que representa un personaxe feminino como un símil dunha carapuchiña que leva nas súas mans unha carta.

Na categoría xuvenil, a obra foi titulada pola súa autora tejón de Cantabria, xa que é unha acuarela que representa un teixugo en primeiro plano e de fondo unha paisaxe que se identifica perfectamente con calquera lugar de Cantabria.

As dúas gañadoras terán a satisfacción de poder ver o seu deseño en circulación, xa que Correos se encargará de producir e emitir no ano 2019 os selos cos deseños premiados. Ademais, como novidade, na aposta de Correos por fomentar e achegar o mundo do deseño no selo a un gran número de persoas, fai que o deseño do primeiro premio da categoría xeral, ademais de ver o seu deseño nun selo emitido este 2019, teña a oportunidade de deseñar diferentes obxectos filatélicos durante o 2019 (selos, cuño, sobres de primeiro día...)

Poderemos gozar cunha exposición itinerante de todas as obras finalistas, ademais das dúas gañadoras, que comezará en Madrid, no pazo de Cibeles do 5 de febreiro ao 3 de marzo, e continuará por diferentes sedes de Correos de España.

En breve comezará a VI convocatoria do Concurso Nacional de Deseño de Selos 2019, e dende Correos se anima a participar para difundir o valor do selo como medio de soporte de expresión artística, de contador de historias e transmisor de cultura, ademais da súa función, por suposto, como elemento de franqueo.