Data de emisión: 22 abril 2019

Efemérides. Hernán Cortés

CONSULTAR TARIFAS

Efemérides. Hernán Cortés

HISTORIA

EFEMÉRIDES. 500 ANIVERSARIO DA CHEGADA DE HERNÁN CORTÉS A MÉXICO E FUNDACIÓN DA CIDADE DE VERACRUZ.

O 14 de marzo de 1519, a expedición de Hernán Cortés chegaba ao río Tabasco en Grijalva, cidade de Potochán. Alí, os indios maia-chontais non lles permitiron o paso, pero, segundo conta a lenda, ao ver a Cortés montado no seu cabalo e a superioridade tecnolóxica dos españois, decidiron retirarse.

Por todo iso, as autoridades de Tabasco encheron de ofrendas a Hernán Cortés. Nese lugar coñeceu a Malinche, tamén coñecida como Marina, que logo sería a intérprete e tamén, segundo contan, a amada do conquistador.

Días despois fundouse a vila de Santa María de la Victoria e, o 22 de abril dese mesmo ano, tamén se fundaría a cidade de Veracruz.

En novembro de 1519 produciuse o esperado encontro do conquistador con Moctezuma, que os recibiu coma se fosen enviados dos deuses, agasallando os españois con toda clase de luxos.

Pero os españois deseguida se decataron dos tesouros que alí se gardaban e se iniciaron as primeiras revoltas entre a nobreza. Finalmente foron asediados e tiveron que fuxir no que se coñece como a Noite triste, xa que morreron gran parte dos españois que acompañaban a Hernán Cortés.

Polo tanto, este ano celébrase o 500 aniversario da chegada de Hernán Cortés a México e a fundación destas cidades.

Correos súmase á celebración desta importante efeméride coa emisión dun selo dedicado ao famoso conquistador.

O selo recolle a imaxe dun gravado do rostro en primeiro plano de Hernán Cortés coa cabeza xirada cara ao fondo do selo, que recolle un detalle da litografía acuarelada da praza de Veracruz, realizada por Carl Nebel entre 1829 e 1834.