Data de emisión: 29 xullo 2019

Efemérides. XXV Aniversario Casa América (1992-2017)

CONSULTAR TARIFAS

Efemérides. XXV Aniversario Casa América (1992-2017)

HISTORIA

EFEMÉRIDES. XXV ANIVERSARIO DA CREACIÓN DA CASA DE AMÉRICA.

En 1992 inaugurouse a casa de América no mítico pazo de Linares como legado do II Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e Goberno e, tamén, como celebración o 500 Aniversario do Descubrimento de América.

En pleno centro de Madrid, na praza de Cibeles, xunto a outros importantes edificios, como o Banco de España, o pazo de Buenavista, actual Cuartel Xeral do Exército, ou o Pazo de Comunicacións, a Casa de América converteuse nun lugar de encontro de iberoamericanos ao outro lado do charco.

O fomento da cultura foi un aspecto fundamental para a Casa de América dende o seu nacemento e así quedaba patente na programación do seu primeiro ano. Ese ano, conmemorábase o centenario da morte de Walt Wiltman e, por este motivo, a Casa de América acolleu varios actos en homenaxe ao poeta estadounidense.

Dende a súa creación pasaron por ese lugar miles de artistas, literatos, políticos, empresarios ou representantes da sociedade civil latinoamericana, que son testemuño da evolución da rexión.

O Prego Premium dedicado a esta institución mostra un detalle da porta e o xardín posterior do pazo. O selo recolle a imaxe da fachada principal do pazo de Linares que se comezou a construír en 1872 como residencia dos marqueses de Linares, que viviron nel dende 1884. Os seus arquitectos foron Carlos Colubí, Adolf Ombrecht e Manuel Aníbal Álvarez.

Ademais do edificio principal, o xardín é unha das partes máis impresionantes do pazo. Un xardín no medio da grande urbe, cunha espectacular escaleira de mármore ás costas do pazo, rematada nunha preciosa fonte de pedra.

Un dos detalles que máis chaman a atención é a coñecida como Casa de Bonecas. Unha pequena edificación, en certo modo cun deseño caprichoso, utilizada para almacenar os apeiros de labor.

O selo recolle unha colaxe na que se mostran algún dos selos emitidos polo Correo español con diferentes motivos iberoamericanos, como o dedicado a Gabriel García Márquez ou a Machupichu.