Data de emisión: 12 xuño 2019

Humor gráfico. Antonio Fraguas

CONSULTAR TARIFAS

Humor gráfico. Antonio Fraguas

HISTORIA

HUMOR GRÁFICO. ANTONIO FRAGUAS FORGES.

Non é a primeira vez que Forges protagoniza un selo de Correos, mesmo, non é a primeira vez que protagoniza un selo dentro da serie Humor Gráfico.

Pero esta vez non é un dos seus marabillosos e xeniais debuxos o motivo deste selo, se non el mesmo, o gran debuxante, o grande humorista que aínda que nos deixou no 2018, as súas viñetas seguen vivas na memoria de millóns de persoas.

Madrileño de nai catalá e pai galego, comezou pronto a traballar en Televisión Española ata que en 1973 decide deixalo para dedicarse profesionalmente ao humor gráfico.

Moitos anos antes xa publicara no diario Pueblo o seu primeiro debuxo, concretamente no ano 1964.

Diez Minutos, Hermano Lobo, Por Favor, El Jueves, Diario 16 ou El Mundo son revistas e xornais onde publicará habitualmente.

En 1995 comeza a publicar o chiste diario en El País, facendo que varias xeracións se erguesen cada día coa curiosidade de ver que xenialidade se lle ocorrera á marabillosa pluma de Forges.

Colaborador de diversos programas de radio tamén dirixiu dúas películas nos anos setenta, País S.A. y El Bengador justiciero y su pastelera madre. Tamén creou catro series de televisión, El Mulińandupelicascarabajo, Nosotros y 24 horas aquí en TVE, e Deformesemanal en Telemadrid.

Autor de varios libros, o último que publicou foi Lo más de la Historia de Aquí (en tres volúmenes), unha obra concibida a xeito de compendio humorístico da historia patria.

A folla bloque que Correos dedica a Antonio Fraguas, está troquelada con forma de globo típico das ilustracións de Forges.

O selo está protagonizado por un primeiro plano do artista, que simula estar debuxado por el mesmo, esta vez convertido nun dos protagonistas das súas viñetas coa pluma en alto. O deseño complétao a súa inesquecible sinatura.

A folla bloque será presentada na 51 edición da Feira da Plaza Mayor 2019 que terá lugar do 12 ao 16 de xuño de 2019.